Querida rapazada,
O sábado 2 de maio conmemorouse o día mundial contra o bullying ou acoso escolar, para que? por que?
Pois porque segue a ser necesario facer un chamamento ás conciencias individuais dun mal social tan noxento como é o acoso escolar. O peor de sufrir bullying non so é o dano psicolóxico que provoca no momento presente, senon que condiciona a personalidade que se vai ter de adulto, chegando incluso a producir un trauma. Isto é gravísmo. Pero tamén é grave que medren personalidades que se sinten mellor canto peor llelo fan pasar ao demais.
E os demais? Os que escoitan burlas ou insultos. Consolaranse pensando que son bromas? Que menos mal que o rollo non vai con eles!
NO.
No IES A Cachada seguiremos dándolle a máxima importancia a que todos nos atopemos ben, tranquilos e acompañados.
Póñovos dous vídeos, o primeiro, fai un chamamento aos espectadores, pero a aqueles que se negan a ser cómplices. O segundo, pon de manifesto a marxinación.
Venres vémonos, traio novas sobre o 3º trimestre.
Unha aperta!