Skip to Content

Diario Curso Bruxelas - Día 3

 

Visita á escola Zavo onde está implementado o proxecto STEM at School

É unha escola preto de Bruxelas que conta con 3 “campus”: centro de secundaria de graos 1º e 2º, que non visitamos; centro de graos 3º a 6º, onde se implementou a metodoloxía STEM, e centro de formación profesional. Este é o sitio web do centro. Todo o complexo ten 1740 estudantes e 250 profes. O campus STEM, o obxecto prioritario da nosa visita, está recén construído e ten preto de 300 estudantes. Nas aulas non caben máis de 24 persoas. 

 

Visita de estudo á escola ZOVA, onde se está implementando o proxecto 

En Bélxica existen tres tipos de escolas, que conducen a tres titulacións distintas. A secundaria comprende 6 cursos, dos 12 ós 18 anos. En xeral, 1º e 2º están separados do resto. Imaxe wikipedia:

 

Do centro de FP, completamente novo e moi ben equipado, vemos as aulas de Electrónica, Metalurxia e Enxeñería Espacial, así como o laboratorio de Química.

No Campus de secundaria con STEM visitamos a aula STEM: un espazo moi reducido tipo laboratorio, con mesados con vertedeiro e espazo nos mesmos para traballar en grupo. Non vemos ferramentas.

O centro cambiou a súa distribución horaria para implantar esta “materia”, que é obrigatoria para todo o alumnado de 1º e 2º e logo para o alumnado de itinerario Ciencias no resto dos grupos (un por nivel). Outras materias como Bioloxía, Química, Xeografía están agrupadas tamén en bloques de 2 horas, pero as particularidades da materia STEM son:

  • Hai 2 profesores nela, un deles de Física e Mates
  • O proxecto que se desenvolve está sempre coordinado coa materia que se está vendo nas aulas de Matemáticas e Física.

 

 

Explorando carreiras STEM: Espacio, ICT e outras

Ata hai ben pouco, á hora de sermos contratados nunha empresa o fundamental eran as nosas hard skills. Estas “habilidades duras” baséanse no coñecemento adquirido, desenvolvido e aprendido ó longo dos anos de formación académica e laboral. Non obstante, houbo unha evolución na selección de persoal, xa que unha persoa que ten moitos coñecementos técnicos non sempre é capaz de desenvolvelos como equipo ou de comunicalos. Hoxe en día, é imprescindible desenvolver “habilidades brandas” ou soft skils, nomeadamente:

  • Habilidades comunicativas
  • Capacidade de adquirir, procesar e desenvolver información
  • Capacidade de toma de decisións e resolución de conflitos
  • Traballo en equipo
  • Xestión de tempo: habilidade  de planificación, organización e priorización de traballo
  • Capacidade de negociación

As carreiras do futuro van requerir dunha sólida formación STEM: desarrolladores de videoxogos, Astrobioloxía, etc.

Comparación entre as capacidades que se esixen en 2020 e 2015

2020 Skills

2015 Skills

Resolución de problemas complexos

Pensamento crítico

Creatividade

Xestión de RRHH

Coordinación cos demais

Intelixencia emocional

Toma de decisións e xuízos

Asistencia técnica

Negociación

Flexibilidade cognitiva

Resolución de problemas complexos

Coordinación cos demais

Xestión de RRHH

Pensamento crítico

Negociación

Control de calidade

Asistencia técnica

Toma de decisións e xuízos

Escoita activa

Creatividade

 Actividade grupo: seleccionar unha carreira e definir as capacitacións que deberían traballarse

Citizen Science: conexión das escolas co mundo da investigación

Ciencia Cidadá: unha forma de investigación científica que implica a colaboración con membros da sociedade para traballar en proxectos que se centran en problemas do mundo real.

Proxecto Britec (Bringing research into the classroom)

  • Beneficios para alumnado: motivación, xa que participan en investigación profesional para solucionar problemas reais do seu entorno cotiá
  • Beneficios para profesorado: desenvolvemento profesional
  • Beneficios para investigadores: implicación local e contribución ó desenvolvemento de competencias en futuros investigadores

Proponse como actividade que exploremos prácticas de ciencia cidadá en Scientix e deseñemos unha práctica interesante para a nosa aula /centro. Propoñemos deseñar e construír o noso propio medidor de radón baseado en Arduino, analizando e publicando os resultados nunha web creada a tal fin. O noso compañeiro cre que pode facelo! (Ilker Orva, firstprivate666@yahoo.com)

 

Cultura do liderado nas escolas

 O proxecto Learning leadership for change (L2C) analiza que é o liderado, definíndoo como un “proceso social de influencia que mobiliza os esforzos  de moita xente para lograr obxectivos específicos ó servizo dunha visión común”; sinala como variables importantes:

  • Establecer unha estratexia, ter unha visión que concretar en accións.
  • Situar a aprendizaxe do alumnado no centro da visión, a través dunha práctica consistente e innovadora.
  • Promover un desenvolvemento activo de alumnado (estudantado activo) e profesorado (profesional).
  • Dar proxección á escola, en tanto que partícipe de redes.

O novo concepto superstar é “Liderado compartido”

  • Dividido entre diversos líderes
  • Con experiencia e influencia complementaria
  • Diversificando roles e modelos
  • Progresivamente crecente


blog | by Dr. Radut