Skip to Content

Diario Curso Bruxelas- Día 1

Chegada, rexistro e presentación do curso

 

Introdúcesenos á European Schoolnet, “rede de 34 ministerios de educación europeos con sede en Bruxelas. Como organización sen ánimo de lucro, buscamos innovar na ensinanza e aprendizaxe para os nosos principais interesados: Ministerios de Educación, escolas, profesores, investigadores e socios da industria.

Estamos motivados pola nosa misión de apoiar ós actores da educación en Europa na transformación dos procesos educativos para as sociedades dixitalizadas do século XXI. Facémolo identificando e probando prácticas innovadoras prometedoras, compartindo evidencias sobre o seu impacto, e apoiando a transversalización das prácticas de ensino e aprendizaxe alineadas coas normas do século XXI para a educación inclusiva.

Desde a súa fundación en 1997, European Schoolnet utilizou os seus vínculos cos ministerios de educación para axudar ás escolas a facerse efectivas no uso pedagóxico da tecnoloxía, dotando tanto ó profesorado como ó alumnado das habilidades necesarias dunha sociedade dixital”.

Para romper o xeo facemos un “bingo” no que identificamos compañeiras a partir da presentación de cada quen (que foi feita previamente nun padlet, muro dixital).

 

 

 

 

 

 Introdución: que é unha Escola STEM

 

Estamos participando na 4ª STEMDiscoveryWeek, e nela rexistraremos a nosa escola nunha base de datos creada pola European Schoolnet, da que a nosa INTEF forma parte. Os centros STEM presentan un perfil de liderado e unha estratexia STEM definida. Para coñecer exemplos de prácticas e centros STEM, introdúcesenos o portal Scientix, comunidade para a educación científica na UE.

 

 

 

Unha escola STEM debe aportar unha instrución personalizada

 

  • Debe empregar pedagoxías PBL (Project based learning)
  • Debe empregar pedagoxías IBSE (Inquiry based Science education

Na implementación de currículo, debe 

  • Facerse énfase nos tópicos e competencias STEM
  • Promoverse a interdisciplinariedade
  • Contextualizar as experiencias no entorno real
  • A avaliación debe ser continua e indiviualizada
  • Debe procurarse unha profesionalización do staff, promovendo unha formación continua do profesorado en STEM co debido apoio pedagóxico
  • Ter un perfil de liderado compartido, para o cal
    • Hai que crear equipos xestores e promover a súa cooperación
    • Promover unha cultura de inclusión e respecto polas ideas dos demais

Deben establecerse lazos e conexións con:

    • Industria e empresa
    • Familias
    • Outras escolas
    • Universidades
    • Comunidades locais

A infraestrutura escolar debe garantir:

  • Acceso a tecnoloxía e equipamentos
  • Material de calidade

 

Future Classroom Lab (@fcl_euschoolnet e sitio web)

Aulas do futuro: que equipamento e deseño de acceso á tecnoloxía cómpre nunha aula deste estilo? Comezamos o debate apelando á participación de todas as profes a través do portal para brainstorming Mentimeter.

 

As respostas apuntan á capacidade de resolución de problemas a través da creatividade e do emprego de metodoloxía STEM

 


A FCL ten espazos diferenciados e CORES. Debe ser flexible e inspiradora e implica repensar o papel de Pedagoxía, Tecnoloxía e Deseño. Na FCL da European Schoolnet, os espazos son:

  • Interactuación: 1:1 zona de programación e aprendizaxe mixta, onde cada quen trae o seu propio equipo (BYOD).
  • Presentación: comunicación, feedback, crítica p2p, reflexión.
  • Investigación: zona de proxectos PBL e IBSE (aprendizaxe por proxectos, resolución de problemas, pensamento crítico).
  • Creación (mesas con material para actividades de gamificación, creación de contidos dixitais… imaxinación e creatividade!
  • Intercambio (cadeiras cara á pantalla): traballo en equipo, colaboración, debate
  • Develop (espazo onde cada estudante pode aprender máis sobre o que lle interesa, ou á velocidade que lle interesa): flipped classroom, informal learning, self-expresion

 Estratexias para transformar unha aula nunha FCL

  • BYOD: que cada quen traia os seus equipos, ou organizar un sistema de préstamo. Unha pega do BYOD é que o alumnado se agacha trala pantalla: hai dispositivos como o Hey U!, un micro con cámara que “espía” o que fai o equipo ou serve para que eles respondan a unha cuestión, ou sinalen se entenden algo ou non. Costa 45€. En canto ó problema de conectividade, estudar apertura de contas edu.xunta.es para alumnado
  • Cadeiras ergonómicas e multifuncionais: as que temos son flexibles, con rodas e espazo para bolsas. 
  • Evolucionar cara a Aulas-materia, con espazos diferenciados para tarefa en forma/cor. Ter en conta que haxa luminosidade.

 Mapa da rede de aulas FCL (imaxe do FCL site). A Aula Nova do CAFI non está no mapa.

 

 

Requisitos que unha escola debe ter para obter un selo STEM

 

Acceso a tecnoloxía e equipamento:

  • Conexión a internet/WIFI con ancho de banda razoable
  • PCs dispositivos portátiles
  • Emprego de plataformas de aprendizaxe dixitais: Moodle, e-learning
  • Tecnoloxías baseadas na nube: Google

 Materiais de clase de alta calidade:

  • A importancia de ter boas bibliotecas, dentro e fóra do centro (?)
  • Repositorios dixitais
  • Scientix, unha comunidade STEM masiva e libre para educadores europeos. Ten máis de 2500 recursos.
  • Open Educational Resources (OER)
  • PBL (project based learning: pedagoxía centrada no estudante na que se aprende sobre un tema a través da resolución de problemas con final aberto e/ou proxectos, tanto individual como colectivamente) e IBSE (proceso de aprendizaxe no se presentan ó alumnado cuestións, problemas, escenarios, incluíndo estudos de caso, traballo de campo, investigacións ou proxectos de investigación).

 Proposta de grupo: creación dun toolkit para un tema empregando recursos de Scientix. No noso caso, plásticos: Unplastify the world

 

Aprendizaxe IBSE: laboratorios online con Go-Lab

 

 

 



blog | by Dr. Radut