Skip to Content

Innovación 2023/24

Os proxectos de innovación deste curso 2023/24 foron:

  • CP Innova_Sostibilidade
  • CP Innova_Excelencia Educativa: Semana das Letras e outras actividades sociolingüísticas e STEAM.
  • Proxecta Non só é lume
  • Proxecta TÍCaras (Rapazas emprendedoras nas TIC)
  • Proxecto Terra

 

CP INNOVA SOSTIBILIDADE

Os proxectos levados a cabo neste curso foron:

  • O Club de medioambiente Brigada Verde estivo formado por alumnado de 1º ESO e 3 profesores. Reuniuse quincenalmente os martes a mediodía, no tempo de lecer entre as clases da mañá e as da tarde, e tamén durante certos recreos para campañas puntuais. Realizaron unha enquisa de sensibilización ambiental entre o alumnado de 1º (achegamos). O proxecto máis sinalado da Brigada Verde foi colaborar co concello nun estudo de eliminación da planta invasora "Margarita africana". Para iso, creamos unhas parcelas no Paseo de Barraña, e investigamos a eficacia de diferentes métodos de eliminación, todos eles naturais. O alumnado fixo despois pósters científicos explicando a investigación. Álbum fotos.
  • No seu momento (outubro) adherímonos á campaña escolar estatal "28000" polo clima. O evento máis importante desenvolvido dentro dela foi a manifestación polo mediocre resultado da COP 28. O noso alumnado convocou unha xuntanza, difundiu a información e leu un manifesto ó respecto. Enlace ó post de Instagram. Tamén colaboramos con proxectos afíns como "Xeneración Eco". Achegamos diploma.
  • O Paseo de Jane, unha iniciativa para promover o coñecemento da propia vila a través dunha análise de sostibilidade e urbanismo, tivo lugar o venres 24 de maio. A organización recaeu no alumnado de 4º Tecnoloxía, quen está nun Proxecto Terra. Colaboramos co IES Virxe do Mar, quen nos preparou un roteiro para coñecer o casco histórico de Noia e analizalo desde o punto de vista da rehabilitación. Pola nosa parte, preparouse un percorrido por Cabo da Cruz, facendo paradas relativas a sostibilidade económica (peirao e lonxa), social (asociación Gamela e Club de Remo), ambiental (EDAR-depuradora), cultural (castro do Achadizo) e urbana (vivendas do Campo e proxecto de rehabilitación de César Lombera). Na presentación que linkamos está toda a información. Ademais, podedes ver o  álbum de fotos e vídeo
  • Organizamos o noso III mercado de intercambio de roupa "Cachaswap", no que participou alumnado de 1º e 2º ESO e colaborou un comercio de Boiro. O alumnado trouxo roupa, comprobouse o seu bo estado, cambiouse por billetes e finalmente celebrouse o mercado. Álbum fotos.
  • Colaboramos en dúas campañas de limpeza da contorna: a primeira foi unha recollida e análise de lixo plástico na praia Barraña. Enlace a instagram. Organizouna ADEGA e tivo lugar o 6 de outubro.
  • Organizamos unha charla de divulgación científica sobre a contaminación dos mares. Tivo lugar o 10 de maio e correu a cargo do mariñeiro e "influencer" Rogelio Santos Queiruga. Esta actividade organizouse en colaboración co CP Innova_Eduexcelencia. Ver enlace a Instagram.
  • No centro desenvolvimos diferentes campañas de limpeza, a última delas, e máis salientable, unha en base a unha colección de cromos que fixemos a través do Proxecta Rapazas emprendedoras nas TIC. Link a álbum en canva. O método en que o alumnado consigue novos cromos é contribuír a manter en bo estado o centro.
  • Participamos nun programa de medioambiente e convivencia no Centro de Educación Ambiental de Villardeciervos. Foi na 3ª semana de outubro e levamos a ela ó alumnado que no curso pasado traballou na Brigada Verde. Neste link pode accederse á Memoria: valoramos bastante negativamente a organización de actividades deste CEA. Así llo fixemos saber á dirección do centro e á inspección educativa de Villardeciervos. Non obtivemos ningunha resposta. Vídeo.
  • Colaboramos na organización dunha saída a Pontevedra dentro do Proxecta Non só é lume. Vídeo. No marco dese mesmo Proxecta, elaboramos algúns videoxogos e fixemos un estudo dun posible centro de prevención de incendios en Boiro. O obxectivo da actividade era que o alumnado investigase a morfoloxía e características dun edificio que puidese albergar este centro en Boiro. O alumnado escolleu localización, elaborou un plano e fixo unha (moi sinxela) proposta de construción con materiais biocompatibles. O obxectivo do edificio sería albergar a sé de bombeiros e, a un tempo, instalacións de investigación en novos cultivos (menos pirófitos) e técnicas de restauración de solos.

 


 

CP Innova Execelencia: Semana das Letras

  • A Semana das Letras veuse consolidada durante este curso 2023/2024, con actividades para todos os niveis e grupos dende o 10 maio ata o 16 de maio

  • Realizamos un obradoiro de música para 1º ESO a cargo do grupo Ulex, unha banda constituída por rapazada de Compostela que emprega o galego na súas letras e que comeza a despuntar no panorama musical da nosa comunidade. Ademais, ao remate do obradoiro, o grupo ofreceu un aclamado concerto para todo o alumnado do centro.

  • Para 2º ESO programamos a charla sobre Redes Sociais e lingua galega, impartida Rogelio Santos Queiruga, que conta con miles de seguidores e que ademais, é mariñeiro da zona.

  • O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de realizar un roteiro pola cidade histórica da Coruña a partir da figura de Luísa Villalta. Ademais, aproveitamos para visitar a Casa Museo María Pita e mailo Arquivo do Reino de Galicia.

  • Celebrouse un roteiro histórico para o alumnado de 4º ESO, pero no canto de centralo únicamente na figura de Luísa Villalta ampliámolo á memoria das mulleres que tiveron un papel importante na historia de Boiro.

  • Na xornada do 15 de maio (o 16 era non lectivo no centro) celebramos a tradicional STARGal: durante todo o día o centro convertiuse nun fervedoiro de actividades que vincularon as novas tecnoloxías e a lingua galega: xogos de scratch, videoxogos, realización de vídeos con croma, xincana das Letras, actividades de dobraxe...

  • Durante este curso retomouse o obradoiro de teatro Vidal Bolaño, dirixido pola profesora de Lingua castelá Isabel Vega. Estrearon o 15 de maio “Desmontando a farsa das zocas” de Carvalho Calero. Ademais, no mes de febreiro acudiron á representación da obra de teatro Doentes na Coruña e tiveron ocasión de falar con parte do elenco de actores e actrices e tamén co equipo técnico.

  • Durante a hora de libre disposición de Lingua Galega o alumnado de 1º ESO constituíuse en equipo de redacción e editou a revista Xanela, unha antiga publicación do centro, da que se imprimiron 450 copias para repartir entre todo o alumnado.

  • Coa entrada da materia de Portugués no centro (este curso en 1º ESO) organizouse un interesante intercambio con alumnado do centro educativo de Viana do Castelo, San Bartolomeu dos Mártires. Durante o mes de marzo foi o alumnado portugués o que se achegou a Galicia e no mes de maio o noso alumnado pasou tres xornadas en Portugal. 

  • Realizamos un estudo sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no noso centro, cuxos resultados espuxemos nas aulas mediante unha dinámica de xogo na Semana das Letras. Estes resultados permitirannos centrar as prioridades do EDL do centro e actuar sobre os prexuízos concretos que o alumnado recoñeceu ter sobre a nosa lingua.  

  • Participación da campaña “Aquí tamén se fala”, para promover o uso do galego nos comercios locais e a súa publicación posterior nas redes sociais do centro agradecéndolles a súa implicación na campaña.

  • Organizamos o certame “Poemas ilustrados de Luísa Villalta” a partir de composicións da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. As ilustracións gañadoras foron impresas en camisolas que se agasallaron ao alumnado máis participativo das actividades STARGal. 

     

 


 

PROXECTA TÍCARAS

Despois do chamamento a todas alumnas do centro a través das titorías e na web do instituto, logramos un grupo estable de 15 rapazas ó que, eventualmente, sumáronse outras persoas en función da actividade desenvolvida. As actividades realizadas foron:


 

PROXECTA TERRA

Actividades:

1. Saída a Pontevedra e análise do urbanismo caracerístico da mesma. A saída organizouse en colaboración co Proxecta Non só é Lume (visita a Enxeñería Forestal) e o CP_Innova Sostibilidade. Gravamos e difundimos nas nosas redes o vídeo que acredita a visita. 

2. Paseo de Jane (ver arquivo de traballo): a xornada tivo lugar o venres 24 de maio, co seguinte programa:

  • Recepción do noso alumnado no IES Virxe do Mar. Almorzo colectivo.
  • Paseo en Noia, de acordo co percorrido indicado na Presentación que se anexa como Arquivo.
  • Traslado de todo o grupo a Cabo da Cruz. Bocata de media mañá.
  • Percorrido polo Cabo da Cruz, de acordo co percorrido e contidos anexados na presentación "Paseo de Jane, IES A Cachada) en Arquivos.
  • Traslado do alumnado ós seus respectivos centros.

Gravamos e difundimos un vídeo que dá conta da experiencia, así como as seguintes fotos.

3. Maquetas e propostas de Bioarquitectura. O obxectivo da actividade era que o alumnado investigase a morfoloxía e características dun edificio preciso nunha revisión urbanística de Boiro de cara ó futuro. O alumnado escolleu localización, elaborou planos e fixo propostas de construción con materiais biocompatibles. Algunhas das propostas máis interesantes foron un Centro de prevención e análise de lumes, un Centro de deportes, un Acuario e centro de investigación mariña e dous models de barrio sostible: Zoe e Izan.

 

 

AdxuntoTamaño
Sinaléctica sostible EPV 2023_24.pdf4.66 MB
Diploma__533.pdf167.36 KB
Enquisa sensibilidade ambiental 1º BCD _ 2023_24.pdf962.8 KB


page | by Dr. Radut