Skip to Content

Un curso ben orientado!

Estamos rematando o curso e queremos deixar unha fugaz constancia do que estivemos facendo no insti. Como xa sabedes, desde Orientación traballamos un espazo de encontro mensual coas familias a través dun CP_Inclúe, centrado este ano na mellora da comunicación. 

Volvimos participar no Proxecto Enclave, que nos permitiu ter unha un programa de terapia psicolóxica gratuíta no centro (de mans de expertos e en colaboración co concello).

Entroutras actividades, organizamos unha formación sobre o abuso sexual a menores, impartida por AMINO.gal; creamos as I Xornadas de educación afectivo sexual; desenvolvimos un programa de Prevención de condutas aditivas con/sen sustancia; Obradoiro de prevención e intervención do acoso escolar, impartido por Exeria; Programa de regulación emocional, pola psicóloga Alba Castelo.



blog | by Dr. Radut