Skip to Content

blogue deÁngeles

Fotos excursión Santiago

O día 19 o alumnado de Relixión tivo a visita a Santiago. Comezamos no albergue de San Francisco coñecendo a labor que neste convento están a realizar cos máis necesitados, a verdade que impresiona o traballo que alí están a facer con todas estas persoas. Despois fomos á catedral e tivemos a oportunidade de subir ás Cubertas, foi impresionante esta visita, hai unhas vistas excelentes da cidade e tivemos a ocasión de que os guías nos explicaran moitas cousas da Catedral. A continuación fixemos unha búsqueda do tesouro onde o pasamos moi ben buscando información das catro prazas da Catedral. Ao final fixemos unha visita guiada no exterior da Catedral. Un día diferente e moi chulo.

Distribuir contido


by Dr. Radut