O martes 5 de abril o equipo CdC 4º visitou o IGAFA, Instituto Galego de Formación en Acuicultura, (Illa de Arousa, Pontevedra), único centro de Galicia que imparte formación profesional de acuicultura e mergullo. Nas súas instalacións, aprendemos os parámetros físicos de cultivo de microalgas, os seus nutrientes, illamento, mantemento de cepas así como coñecer as súas aplicacións (captadores de CO2, acuicultura, cosmética, purificación de augas residuais, produción de enerxía en forma de hidróxeno ou biocombustibles, fonte de proteínas para nutrición humana e animal...) e fixemos unha práctica de cultivo. O obxectivo desta visita é adquirir coñecementos en cultivo de microalgas para experimentar o crecemento de cepas monoespecíficas no noso laboratorio. Estudiaremos as seguintes:
Flagelados:
Ts Tetraselmis suecica 10 micras
Ig Isochrysis galbana 4-5 micras
Dl Diacronema lutheri 4-5 micras
Diatomea:
Pht Phaeodactylum tricornutum