Saltar la navegación

Xestión de ficheiros

Xestor de ficheiros

O primeiro que temos que saber cando temos un computador entre mans é onde se gardan os ficheiros e como é a estrutura de cartafoles. Na actualidade non todo o mundo está afeito levar unha orde nos ficheiros porque cada vez usamos máis os móbiles e non reparamos onde gárdanse os datos.

O noso computador incorpora varios exploradores de ficheiros que permiten visualizar e xestionar ficheiros e cartafoles. Un destes exploradores de ficheiros é Nautilus. Na seguinte image vemos este explorador de ficheiros mostrando o contido do cartafol do usuario.

 

Unha primeira práctica que te propoñemos é crear cartafoles para as distintas materias onde gardaremos os documentos que vaiamos creando no noso traballo de clase.

Actividade proposta: Crea cartafois para ordenar a información.

Abre o xestor de ficheiros e no cartafol persoal crea un cartafol para cada unha das materias onde irás gardando os documentos que fagas en cada unha delas.


Creado con eXeLearning (Ventana nueva)