Saltar la navegación

CD3. Comunicar, colaborar e compartir contidos.

Competencia Dixital 3

CD3. Comunícase, participa, colabora e interactúa compartindo contidos, datos e información mediante ferramentas ou plataformas virtuais e xestiona de maneira responsable as súas accións, presenza e visibilidade na rede, para exercer unha cidadanía dixital activa, cívica e reflexiva.

En moitas materias terás que comunicarte por correo electrónico, facer presentacións con ferramentas de plataformas en liña, facer debuxos, deseñar en 3D, retocar fotografías ou presentar algún vídeo. Todos estes produtos forman parte da comunicación dixital que a cidadanía pode levar a cabo no presente século. Ao longo de esta etapa educativa aprenderás a usar algunhas ferramentas que te permitirán desenvolver estes produtos dixitais, o que che preparará para enfrontarte a novos retos dixitais máis adiante.

A Comunicación básica: O correo electrónico

Aquí tes algunhas normas para escribir correos electrónicos, que serán moi útiles para comunicarte con outras persoas

Netiqueta básica nos correos electrónicos

  Asunto e destinatario

Utiliza un asunto que describa claramente o contido do correo electrónico e sexa relevante para a persoa destinataria.

  Saúdo axeitado

Comeza o teu correo electrónico cun saúdo apropiado, utilizando o nome da persoa destinataria se é posible. Por exemplo, "Estimado/a [Nome da persoa destinataria]", "Ola [Nome da persoa destinataria]" etc..

  Mensaxe claro e con corrección ortográfica

Tenta que a túa mensaxe sexa conciso e directo. Evita incluír información irrelevante que poida dar lugar a confusión. Revisa o teu correo electrónico antes de envialo para corrixir erros ortográficos e gramaticais. Un correo electrónico con erros pode dar unha impresión negativa sobre a túa persoa e atención ao detalle.

  Despedida


Finaliza o teu correo electrónico cunha despedida apropiada, como "Atentamente", "Saúdos cordiais", "Cordialmente" etc., seguido do teu nome.

  Arquivos adxuntos


Se necesitas anexar arquivos ao correo electrónico, asegúrate de facelo de maneira adecuada e verifica que os arquivos sexan os correctos antes de envialo.

 Se necesitas ver un vídeotitorial sobre a redacción de correos electrónicos, ve á sección "O meu caderno TIC" e ábreo pola páxina "Redactar un mail"

Ferramentas de Comunicación

Dominar diferentes programas e utilidades web permítenos ser máis versátiles e eficientes nas nosas tarefas. Cada ferramenta tecnolóxica ten as súas propias características e funcionalidades únicas.

Ao coñecer unha variedade de programas, podemos elixir o máis adecuado para cada tarefa e aproveitar ao máximo as súas capacidades. Isto axúdanos a realizar as nosas actividades de maneira máis rápida e efectiva. Nós imos a profundizar no manexo das seguintes ao longo de ESO.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)