Saltar la navegación

Perfil dixital de saída na ESO

O noso perfil dixital

Hoxe en día, a capacidade de comprender e utilizar ferramentas dixitais é tan importante como ler e escribir. Desde comunicarnos con amigos e familiares ata buscar información para os nosos proxectos escolares, vivimos nun mundo interconectado onde a tecnoloxía é a nosa mellor aliada.

Neste recurso, exploraremos xuntos os aspectos básicos da era dixital, vai servir como consulta para explorar, lembrar e mellorar as túas habilidades e competencias dixitais, desde as máis sinxelas ata as máis complexas, nesta nova etapa de estudo que comezas. Como sabes, no mundo actual, as tecnoloxías da información e comunicación están inmersas nas nosas vidas, e como futuro cidadán, é fundamental que esteas equipado coas habilidades necesarias para enfrontarte con éxito ao mundo dixital.

Grupo de alumnos estudiando con ordenadores en una clase
Imaxe feita con Neural Blender. Alumnos na clase (CC BY-NC)

Lembra, cada clic, cada procura e cada interacción en liña é unha oportunidade para aprender. Prepárate para desbloquear o teu potencial dixital!

Ao longo deste recurso imos ir ver os distintos aspectos do teu perfil dixital de saída, é dicir, os procedementos que debes aprender e as materias onde os aprenderás.

Lectura facilitada

  • A tecnoloxía pode ser a nosa aliada para comunicarnos con amigos e familiares.
  • A tecnoloxía é moi útil para buscar información para as nosas tarefas.
  • Exploraremos xuntos os recursos dixitais para mellorar as túas competencias dixitais.
  • Lembra, cada clic é unha oportunidade para aprender.
  • Ao longo deste recurso imos ir ver os distintos aspectos do teu perfil dixital e os procedementos que debes aprender.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)