Saltar la navegación

Crear códigos QR

QtQr

Na maqueta Abalar dispoñemos do programa QtQr que che vai a permitir crear códigos QR, o programa codifica e decofica códigos QR.

Para abrilo temos que ir a: MENU APLICATIVOS > GRAFICOS > QTQR

Fíxate na xanela anterior, nela podemos:

  • Seleccionar tipo de datos: Podemos facer un código QR de texto, URL, marcador, e-mail, número de teléfono, axenda, sms, xeolocalización e wifi.
  • Corrección de erros: Ten catro indicadores, baixo, medio e alto.
  • Tamaño de pixel: Vai desde 1 a 99
  • Tamaño de marxe: Vai de 1 a 99
  • Visualizar o QR: Irá aparecendo o código a medida que escribamos os datos.
  • Decodificar: Ten dúas opcións dende ficheiro ou dende webcam.
  • Gardar: Actívase cando se fai un QR, poderás gardalo en diferentes formatos.

Tes un exemplo no seguinte vídeo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)