GEUSIA????
Geusia e unha palagra de orixe grega que significa sabor, gusto. As pataloxías ou enfermidades do gusto toman o nome de sumarlle un prefixo a esa palabra:
A-geusia: Sin sentido do gusto. Hai persoas incapaces de percibir os sabores nos alimentos.
HIPO -geusia: Escaso sentido do gusto. Outros só poden distinguir algúns sabores e con dificultade.
DIS-geusia : Sentido do gusto distorsionado. Confunden os sabores.
HIPER-geusia: Sentido do gusto esaxerado. Os sabores máis suaves resultan igualmente fortes.
Estas anomalías teñen moita importancia. Provocan unha alteración nos hábitos alimentarios das persoas que as sofren, implicando seguramente malnutrición seguida de pérdidas de peso ou mesmo obesidade, acompañadas de ansiedade, inseguridade e depresión.
A idade é un dos factores que vai provocar alteracións no sentido do gusto. A partir dos 50 anos o número de papilas vai diminuindo. A lingua dispón dunhas 10.000 papilas que nunha persoa anciá poden reducirse a 5000. | Hai medicamentos que chegan a influir seriamente no sentido do gusto, modificando temporal ou definitivamente a percepción das papilas gustativas. | ||
Hábitos coma o fumar atrofian o sentido do gusto. O tabaco impide que poidan distinguirse sabores e ademáis actúa sobre as papilas gustativas impedindo que se rexeneren. | inxesta de alimentos excesivamente quentes ou picantes non só modifica os sabores, tamén pode reducir a capacidade do sentido do gusto. | ||
Unha hixiene axeitada evitará enfermidades na cavidade bucal. Probemas dentais, de encías, procesos infecciosos nas mucosas ou na lingua afectan directamente ao sentido do gusto. | Unha dieta sana, equilibrada e variada multiplicará a presencia de sabores nos alimentos. | ||
Acude a un/a médico dentista para facer revisións periódicas e cando teñas problemas bucais. Os/as dentistas son os encargados da prevención, diagnose e tratamento das enfermidades e trastornos dentais e bucais. |
Non esquezas a relación entre os sentidos do gusto e do olfacto. Moitos dos problemas do sentido do gusto poderán ser atendidos por un/ha otorinolaringólogo/a. | ||
Pictogramas de Sergio Palau. http://www.arasaac.org |