Os sabores
O sabor é a impresión que producen as sustancias, principamente alimentos, cando as súas partículas se disolven coa saliba entrando en contacto coas papilas gustativas da lingua.
En occidente falamos da existencia de só catro sabores primarios (doce, amargo, salado e ácido).
En oriente, Xapón concretamente, engadiron un quinto sabor, umami.
Investigacións máis recientes, considiran que o sabor graxo tamén é un sabor primario, polo que serían seis os sabores primarios: doce, amargo, salgado, ácido, umami e graxo.
Doce: A maioría das froitas frescas teñen sabor doce debido ao azucre, fructosa, que conteñen. Case todos os postres son doces xa que se lles engade azucre. |
Amargo: É o sabor propio dun café sen azucre. Igualmente o chocolate puro, a cervexa, a escarola ou a berenxena teñen sabor amargo. |
||
Salgado: O sal e un potenciador do sabor, pero na xusta medida. Se unha comida ten pouco sal, está sosa, semella doce, pero se ten exceso de sal, resulta amarga. |
Ácido: É o sabor propio dun zume de limón. Tamén se identifica como sabor agrio. Limóns, laranxas, algunhas variedades de mazáns, ou o vinagre teñen sabor amargo. |
||
Umami: O nome procede do xaponés, e significa saboroso ou agradable. Atópase en tomates, espinacas, setas, carnes curadas, salsa de soia,... Na cociña, permite reducir a cantidade de sal na condimentación dos alimentos. |
Graxo: O sabor graxo está considerado por algúns investigadores, como o sexto sabor. Que sexa un sabor, non quere dicir que sexa especialmente agradable. Parece ser que este gusto pode ter relación coa obesidade das personas e a súa tendencia a tomar alimentos graxos. |