Situando o sentido do gusto
O sentido do gusto sitúase na boca, máis concretamente na lingua, que dispón na súa superficie rugosa dunhas protuberancias e dobreces, as papilas gustativas, que aprecian os sabores, temperatura e formas das sutancias alimentarias que están na cavidade bucal.
Na boca distinguimos as seguintes partes:
- Labios superiores e inferiores: Parte carnosa que limita a boca externamente.
- Enxivas: Pel que recubre a parte inferior dos dentes.
- Dentes: Cada unha das pezas da dentadura incrustadas nos maxilares.
- Padal: Ceo da boca. Parte superior do interior da boca.
- Úvula: Campaíña no ceo da boca. Pendura do ceo do padal no fondo da boca.
- Farinxe: Cavidade ou conducto no fondo da boca no que se xuntan a larinxe, as fosas nasais e o esófago.
- Amígdalas: Pequenos bultos aos lados da farinxe.
- Lingua: Órgano musculoso recuberto das papilas gustativas.
Imprime e pega a ficha na libreta