Contidos e avaliación
Este recurso educativo consta dos seguintes contidos:
1-Información sobre o sentido do gusto do corpo humano: partes, como funciona, problemas do sentido do gusto, coidados,...
2-Dúas fichas para traballar na túa libreta,
3-Un paquete de seis actividades interactivas específicas sobre o sentido do gusto para facer non teu ordenador ou tablet.
Podes empezar por calquera parte, pero recomendámosche unha lectura previa para desenvolvelas dun xeito máis doado.
Para facer as actividades interactivas recomendamos suprimir o menú e así ter a pantalla máis grande, simplemente premendo en "menú".
Poderás progresar na aplicación mediante as frechas superiores .
As actividades interactivas dispoñen dun informe de avaliación individual segundo os resultados que obteñamos, ao que podemos acceder simplemendo premendo na icona que se localiza na esquina superior esquerda da actividade.