VIDA COTIÁ E LÉXICO
LinguaTura
UNIDADE DIDÁCTICA: REFERENCIAS DA VIDA COTIÁ DO MUNDO CLÁSICO PRESENTES NAS LINGUAS ACTUAIS
O noso propósito didáctico é recoller e organizar coñecementos referidos aos aspectos da vida cotiá do mundo clásico que deixaran a súa pegada no léxico actual. Centrarémonos, en concreto, en palabras e expresións presentes en galego, inglés e francés que proceden dos aspectos que conforman o que consideramos vida cotiá grecolatina, como poden ser a familia, as etapas da vida, a educación, o deporte, o matrimonio e a comida.
Retrato de P. Próculo e dona. Acuarela de Pompeia. S. I. Museo Nacional de Nápoles.