Información sobre ESA semipresencial
A Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) é equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que os rapaces cursan no ensino ordinario, aínda que mostra diferenzas na organización dos contidos e na distribución do tempo de estudo.
A modalidade Semipresencial ademais posúe algunhas características específicas:
As sesións lectivas semanais de cada ámbito redúcense ás seguintes: tres sesións de comunicación, dúas sesións de científico-tecnolóxico
e unha sesión de social.
Estas sesións teñen carácter colectivo e son de asistencia obrigada para o alumnado.
O alumnado dispón tamén de titorías de orientación didáctica semanais co profesorado de cada ámbito para consulta, asesoramento e orientación.
Conta con materiais específicos de estudo: guías didácticas e textos impresos ou en formato dixital.
O alumnado matriculado nesta modalidade semipresencial é para todos os efectos alumnado oficial do centro, cos seus correspondentes dereitos e deberes.
O Coordinador da secundaria semipresencial no período 2023/2024 é o Prof. Emiliano Perdiguero García,
e o seu horario de Atención ao alumnado semipresencial é o seguinte:
- luns de 16:45 a 17:30
- martes de 10:00 a 10:45 horas
-venres de 10:45 a 11:30
Validez académica
-
Expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Esta titulación permite:
- Cursar F.P. de grao medio.
- Cursar Bacharelato.
- Acceder ao mundo laboral.
-
Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria, a dirección do centro emitirá unha certificación onde consten os módulos cursados e as cualificacións obtidas.
Matrícula, Documentación, Período e Transicións
Formas de Acceso, Validacións e Equivalencias e Proba inicial
Normas de Convivencia e Normas para os Exames
Horarios ESA semipresencial 2024/2025
Estrutura, Organización e Materiais Didácticos
Avaliación
-
A avaliación de cada ámbito pódese realizar de maneira continua para os alumnos/as que asisten de forma regular ás titorías lectivas. En todo caso, o centro establece de forma oficial un calendario de exames finais a finais de xaneiro ou principios de febreiro, para o primeiro cuadrimestre, e no mes de xuño, para o segundo cuadrimeste (ver Exámes).
-
Os alumnos/as que suspenden algún ámbito no 1º Cuadrimestre poden facer unha proba extraordinaria en abril/maio. O alumnado do 2° cuadrimestre pode facela en setembro.
-
O alunado non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado ese mesmo ámbito no módulo inferior.
Calendario de exames (ainda non disponíbel)