Skip to Content

Bacharelato a distancia semipresencial

Oferta educativa | Bacharelato modalidade semipresencial

Información

Neste centro ofértanse, para persoas adultas e de forma semipresencial, duas modalidades do bacharelato: "Ciencias e Tecnoloxia" e "Humanidades e Ciencias Sociais".

En todos os aspectos xerais este bacharelato semipresencial ten a mesma organización que o bacharelato ordinario: estruturado en dous cursos, tres tipos de materias (comúns, de modalidade e optativas) e mesmos contidos básicos.

A forma específica do Bacharelato Semipresencial caracterízase por:

  • Hai "titorías colectivas" semanais para cada materia, de asistencia obrigatoria. No centro establécense dúas quendas (mañá e tarde), para dar resposta as necesidades horarias do alumnado (ver Horarios de Titorías).
  • Tamén hai "titorías de orientación" semanais por cada materia para consulta de dúbidas, asesoramento e orientación (ver Horarios de Titorías).
  • A avaliación é continua (ver Avaliación). En calquer caso o centro establece un calendario oficial de exames trimestrais e finais.
  • Conta con materiais específicos de estudo para cada materia: guía didáctica de orientación e recomendación dun libro de texto de uso habitual.
  • O bacharelato pode realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, ainda que nesta modalidade semipresencial non se establece nengún limite de permanencia.

Validez académica

  • O alumnado que lograr avaliación positiva en todas as materias do itinerario formativo escollido obterá o Título de Bacharel na modalidade correspondente. O título de Bacharel dá acceso a:
    • F. P. de grao superior.
    • Universidade.
    • Mundo laboral.
  • Cando non se rematen os estudos correspondentes, a dirección do centro emitirá unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.

Coordinador de Bacharelato: Fernando Díaz-Castroverde

Horario de Atención ao alumnado de Bacharelato Semipresencial:

  •  
  •  

Información bacharelato 2024/2025

Matrícula

Requisitos de acceso

Horarios bacharelato

Guías didácticas para bacharelato semipresencial.

Normas para os exames neste centro

Libros de texto: 1º BACHARELATO

                           2º BACHARELATO

Titorías de Orientación

 

 

 

 

CONDICIÓNS DE TITULACIÓN NA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Condicións para titular cunha materia suspensa na avaliación extraordinaria:
Para poder titular cunha materia suspensa, deberanse reunir as condicións seguintes:
a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competencias e os obxectivos vinculados.

b) Que non se produciu un abandono da materia por parte da alumna ou do alumno, conforme os criterios establecidos lembrando que a asistencia obrigatoria para o alumnado. Polo que consideramos abandono da materia por parte do alumno/a cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 20% para esa materia por avaliación ou cando o número de faltas de asistencia xustificadas e sen xustificar a unha materia supere o 30% por avaliación.
c) Que a alumna ou alumno se presentou a todas as probas e realizou todas as actividades necesarias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria, obtendo como mínimo un 2 en todas as probas. 
d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.

Distribuir contido


by Dr. Radut