Skip to Content

Oferta educativa | Educación Secundaria Semipresencial | Normas de Convivencia e Normas para os Exames

Normas de convivencia para o alumnado da ESA Semipresencial

- A asistencia ás clases con puntualidade e a participación nas actividades de aula son obrigas básicas para os alunos/as que optan por esta modalidade de ensino.

- Son tamén obrigas do alunado:

    • Asistir ás clases e ás titorías presenciais con puntualidade e participar nas actividades da aula.
    • Respectar o dereito ao estudo do resto do alumnado do centro.
    • Seguir as orientacións do profesorado na actividade académica e na vida do centro.
    • Non dificultar o desenvolvemento das actividades tanto ao alumnado como ao profesorado e persoal de administración e servizos.
    • Non facer uso de aparatos gravadores e/ou reprodutores de son e/ou vídeo no interior do recinto escolar.
    • Non facer uso de aparatos de telefonía móbil nas aulas.
    • Coidar e utilizar correctamente os bens, materiais e instalacións do centro.
    • Respectar as pertenzas dos demais.
    • Non fumar en todo o recinto escolar segundo a normativa vixente.
    • Reparar ou pagar os danos causados e, no seu caso, repor os bens subtraídos. No suposto de menores de idade, os pais, nais ou titores legais serán os responsables.


     ·      Poderán ser obxecto de corrección os actos acontecidos no recinto escolar, nas actividades extraescolares, nas actividades complementarias e todos aqueles motivados ou relacionados coa vida escolar e que afecten aos membros da comunidade educativa.

     

     ·      Neste edificio hai outros organismos que desenvolven o seu labor (CFR, UNED, EOE), polo que é imprescindible manter actitude de orden e respecto aos demais e aos seus tempos de traballo.

     

     

     

Normas para os Exames neste centro

  1. É obrigatorio presentar o DNI, ou documento equivalente, para facer o exame.
  2. O alumnado non pode abandonar a aula antes de ter transcorridos 15 minutos da proba. Unha vez que saia algún alumno/a da aula non poderá entrar nengún mais.
  3. No momento de entrar na sala do exame  os alumnos/as deberán apagar os seus teléfonos e depositalos, xunto con libros, guías e cadernos no lugar que indique o profesorado.
  4. Os xustificantes de asistencia a un exame deben solicitarse ao profesorado responsábel do mesmo, na propia aula.


page | by Dr. Radut