Validacións e Equivalencias
-
Por validación con estudos anteriores, segundo as equivalencias fixadas no Anexo III da orde de 26 de xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e que figuran na Táboa 1.
-
Por superar o módulo anterior: valídanse ámbitos de coñecimento aprobados no módulo anterior. Só se pode matricular dun máximo de 3 ámbitos e será requisito indispensábel, dentro de cada módulo, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado do seguinte.
-
Para o alumnado que non poda acreditar estudos previos, antes de formalizar a matrícula poderá realizar unha proba de avaliación inicial (ver Características a continuación), na que se valorarán os coñecimentos e experiencias do alumno e que permitirá aconsellar en que nível ou módulo se deberá matricular para seguir con aproveitamento estes estudos.
-
Para o alumnado procedente da ESO aplicaranse as equivalencias entre as materias da secundaria ordinaria e os ámbitos da secundaria de adultos, establecidas nos anexos IV e V da orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e que figuran na Táboa 2.
Características da Proba Inicial
Para o alumnado que non poda acreditar estudos previos realizaranse nos meses de setembro e xaneiro as probas de avaliación inicial. Esta proba posibilitará o acceso aos diferentes módulos de cada ámbito de coñecimento e permitirá a adscrición adecuada e personalizada de cada alumno aos distintos módulos.
A avaliación inicial deste alumnado poderá realizarse utilizando recursos orais e escritos adaptados para valorar o seu nivel de coñecimentos e as súas destrezas, segundo se estableza no plan de Centro. Desde o punto de vista metodolóxico, as probas escritas propostas para a avaliación inicial poden tanto estar integradas nun documento global de avaliación como planificadas de maneira independente unhas das outras. En todo caso, a través da avaliación inicial debe facerse posible, para cada alumno, a adscrición máis adecuada aos diferentes módulos.
Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos cursos de sistemas educativos da Lei 14/1970 e do sistema ordinario da educación secundaria obrigatoria, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas;
Sistema educativo Lei 14/1970 |
Novo sistema Réxime ordinario |
Educación básica para persoas adultas |
Sexto curso de educación xeral básica (EXB) |
Sexto de educación primaria |
Nivel II do Ensino Básico Inicial (EBI) |
Sétimo curso de educación xeral básica |
Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) |
Primeiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA) |
Oitavo curso de educación xeral básica (EXB) e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade |
Segundo curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) |
Segundo módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA)
|
Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao |
Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) |
Terceiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA)
|
Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar |
Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO) |
Cuarto módulo de todos e cada un dos módulos dos ámbitos de coñecimento |
Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria cos módulos correspondentes da educación secundaria para persoas adultas:
Educación secundaria obrigatoria |
Educación secundaria para persoas adultas |
Áreas ou materias |
Ámbitos de coñecimento |
Ciencias da Natureza (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química), Matemáticas, Tecnoloxias |
Científico-Tecnolóxico |
Lingua Galega e Lit., Lingua Castelá e Lit. e 1ª ou 2ª Lingua estranxeira |
Comunicación |
Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a cidadania |
Social |