aRi[t]mar galiza e portugal

A Associação José Afonso, premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona

Por manter vivo o legado daquel que non só foi un dos maiores cantores e poetas da historia de Portugal, senón tamén un persoeiro sempre consciente das súas ligazóns, e as do pobo portugués, coa Galiza, o xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal acaba de decidir que a Associação José Afonso (AJA) será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022.

Nacida en Setúbal no 1987, pouco despois da morte do Zeca, a Associação José Afonso leva máis de 30 anos difundindo os valores do Zeca a través dos quince núcleos activos que ten por todo Portugal. Do mesmo xeito, a delegación galega, a AJA Galiza, amais de promover o

Votacións música aRi[t]mar galiza e portugal

          

                                                  

Xa podedes votar as Mellores Músicas do 2022 na Galiza e Portugal até ao día 27 de marzo!

En aritmar.gal podedes escoitar as 10 cancións galegas e as 10 cancións portuguesas preseleccionadas polo xurado e comezar a votar!

Parabéns a todos e todas as finalistas!

MJ Perez*Sheila Patricia*Ataque Escampe*SES*bertomusica*Laura LaMontagne & PicoAmperio*Xoel López & Baiuca*Familia Caamagno*A Pedreira*Fillas de Cassandra

Miguel Araújo*Pedro Abrunhosa*Os Quatro e Meia*A garota não*Batida Mayra Andrade*Fado Bicha*IRMA*Retimbrar*Bárbara Tinoco*Carolina Deslandes

 

Gala aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía

Ven vivir a maxia da Gala dos premios aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía! Xoves 15 de decembro ás 20:30 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Coa actuación de Catuxa Salom e a participación especial d'A Garota Não, Nabiza Girl e Fran Rei. Coa presenza de Lúa Mosquetera, Wilma Vieira e Ponte... nas Ondas!

Entradas de balde en www.compostelacultura.gal a partir das 11:00 h do día 13 de decembro. Descarga aquí o programa do acto.

Lúa Mosquetera e Wilma Vieira, vencedoras do aRi[t]mar na categoría de poesía

O público de aRi[t]mar aposta por dúas voces femininas, novas e modernas

Compromiso, renovación e ruptura son tres palabras que califican con precisión a obra de Lúa Mosquetera. A autora, orixinaria da coruñesa vila de Miño, abandona os tropos máis recurrentes da poesía por unha, a súa, sempre recitada sobre música (se pode ser en directo), e coa defensa dunha lírica separada do elitismo. “Anorak de pel de caribú”, a poesía gañadora do premio á Mellor Poesía do Ano na Galiza, formou parte da antoloxía “15 voces da nova poesía galega” e será publicada nun poemario da autora, neste 2022, pola Editorial Galaxia.

Ponte...nas Ondas! premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego lusófona

O xurado do certame aRi[t]mar galiza e portugal vén de decidir que a asociación Ponte... nas Ondas! será a galardoada co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona 2022. É un recoñecemento outorgado por medio de resolución directa do xurado e pretende salientar o traballo de todo aquel que contribúe a achegar as culturas galega e portuguesa. A resolución dáse a coñecer nas vésperas do 25 de abril, data da Revolución dos Caraveis.

Xisco Feijoó e Ana Moura gañan os premios aRI[t]mar da música galego-portuguesa

Xisco Feijoó (por "Peixe") e Ana Moura (por "Andorinhas") gañadores dos premios aRi[t]mar da música galego-portuguesa

                                

aRi[t]mar 2022: ÚLTIMOS DÍAS para votar e escoller as mellores cancións galega e portuguesa!

Non te esquezas de votar para escolleres as mellores cancións galega e portuguesa do 2021 en www.aritmar.gal até as 23:59 do domingo 20 de marzo

Chega a Gala aRi[t]mar galiza e portugal 2021!

Máis un ano, chega a Gala de entrega de premios e actuacións  aRi[t]mar galiza e portugal.   

Nesta ocasión contaremos coa presenza de Guadi Galego (mellor canción galega), Cláudia Pascoal (mellor canción portuguesa), Rosalía Fernández Rial (mellor poema galego), Márcia (mellor poema portugués) e José Viale Moutinho (premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona).

Ademais, contaremos coa actuación e presentación de dúas coñecidas referencias do panorama artístico galego, e algunha sorpresiña máis.

Mércores 27 de outubro, 20:30h

Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela

Entrada libre e gratuíta até completar capacidade máxima do local.

Retirada de billetes de entrada: www.compostelacultura.gal a partir do día 25/10.

 

Distribuir contido