O xurado do certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela decidiu conceder o Premio aRi[t]mar especial do xurado “Embaixada da amizade galego-lusófona” ao escritor madeirense residente no Porto José Viale Moutinho.
A resolución do xurado, dada a coñecer nás vésperas do simbólico 25 de abril portugués, pretende pór en destaque, dentro do proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, aquela persoa, grupo de persoas, institución ou iniciativa que teñan contribuído a tender pontes de amizade e colaboración entre a Galiza e a Lusofonía ben como a traballar pola cultura e a lingua comúns o recoñecemento mutuo entre Galiza e a Lusofonía ou cun labor de reinserción da cultura galega nese seu verdadeiro espazo natural.
Escoita e vota para elixir as mellores músicas da Galiza e de Portugal
Ouçam e votem para eleger as melhores músicas da Galiza e de Portugal
Vota para escolleres os mellores temas musicais da Galiza e de Portugal en 2019/ Vota para escolheres as melhores músicas da Galiza e de Portugal em 2019
Podes velos e escoitalos todos, e despois votares en www.aritmar.gal Podes vê-las e ouvi-las todas, e depois votares em www.aritmar.gal
O martes 20 de febreiro ás 18:30 faranse públicas as músicas finalistas aRi[t]mar 2017/2018 e comezarán as votacións. Ademais no acto celebrado no salón de actos da EOI de Vite vanse entregar de 6 lotes de libros e CD correspondentes as votacións do certame aRi[t]mar 2016/2017.
Martes 20 de febreiro ás 18:30 na aula 8 da EOI de Vite