Coñece o proxecto aRi[t]mar galiza e portugal, permanece atento/a ás novidades, consulta a información de todas as edicións, le e escoita as mellores poesías e músicas da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e moitas cousas máis accedendo á páxina web do proxecto
Conheça o projeto aRi[t]mar galiza e portugal, permaneça atento/as às novidades, consulte a informação de todas as edições, ouça e leia as melhores músicas e poesías da Galiza e de Portugal dos últimos anos, e muitas coisas mais acedendo ao site do projeto
Despois de máis dun mes de votacións, o público da gala aRi[t]mar, organizada pola nosa escola, decidiu que o poema “CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO”, da viguesa Silvia Penas, foi a Mellor Poesía do Ano 2023 na Galiza. Do mesmo xeito, “Há mulheres que trazem...”, da poeta bracarense Sílvia Mota Lopes, foi elixida a Mellor Poesía do Ano 2023 en Portugal.
A través de máis de 4.000 votos, o público de aRi[t]mar acordou galardoar estas poetas. No caso galego, por detrás de Penas situáronse os poemas “Declara a dor” de Chus Pato e “entra o sol cheirar a casa” de Celso Fernández Sanmartín. En Portugal, a Mota Lopes seguírona “A arte do roubo ás escuras” de Joana M. Lopes e “muda de lugar...” de César Pires.
Até o día 13 de maio en www.aritmar.gal permanecerá aberto o prazo para escoller as mellores poesías galegas e portuguesas do ano 2023 do noso certame aRi[t]mar galiza e portugal. Son 10 poesías de cada país as que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal.
As pezas finalistas para o premio a Mellor Poesía do 2023 na Galiza, son: Toco a túa vida na miña boca, de Ángel Suanzes; Sopras un dente de león cos labios moi xuntos, de Carlos Negro e Raquel Senra; (ESTA CASA DURMIDA), de Carlos Penela; entra o sol cheirar a casa, de Celso Fernández Sanmartín; Declara a dor, de Chus Pato; CRÓNICA, de Helena de Carlos; Pilara da Fraga, de Lupe Gómez; a viaxe é por dentro, de O Leo; CANTO SEGUNDO PARA UN FILLO NON NADO, de Silvia Penas; e NÓMADAS, de Xaquín Núñez e Ana Cea.
O xurado dos premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesa vén de decidir que a Sociedade Cultural e Desportiva do Condado será a entidade recoñecida co Premio Especial do Xurado á Embaixada da Amizade Galego-Lusófona na próxima edición da gala. O galardón entrégase todos os anos a aquela persoa, agrupación ou entidade que teña demostrado un gran compromiso coa construción de pontes culturais entre a Galiza e a Lusofonía, ocorrendo ademais na véspera do 25 de abril, co motivo da conmemoración da Revolución dos Caraveis.
A Sociedade Cultural e Desportiva do Condado é unha entidade cunha longa traxectoria. Nada en Salvaterra do Miño da participación de
No próximo dia 20 de abril, os prémios aRi[t]mar, da música e poesia galego-portuguesa, celebrarão uma reedição da sua gala de 2023 na cidade portuguesa de Braga.
Será no Auditório Espaço Vita ás 21.30 horas, com entrada gratuita até completar a capacidade.
"Morena" (De Ninghures) e "Na Escola" (Os Quatro e Meia) gañan o premio aRi[t]mar ás Mellores Músicas do Ano na Galiza e en Portugal, nunha edición que establece un novo récord de participación ao achegarse aos 10.000 votos
Os Quatro e Meia De Ninghures
Está aberto o prazo para escolleres a mellor canción galega de 2023!
Ve, escoita e vota en aritmar.gal
O prazo para escolher as melhores músicas portuguesas e galegas de 2023 fica aberto.
Veja, ouça e vote em aritmar.gal
Xa está a chegar a nosa Gala aRi[t]mar galiza e portugal!
Terza feira / martes 10 de outubro, ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia.
Coa participación de Fillas de Cassandra, Retimbrar, Arancha Nogueira, Maria Isabel Fidalgo e Associação José Afonso.
Presentada por Ivonete da Silva e Zacarías O'Fakas.
Entrada libre e gratuíta até completar a capacidade da sala, sen necesidade de reserva previa.
Ven gozar dun espectáculo cheo de música e poesía galego-portuguesas!
Xa temos vencedoras nas categorías de mellor poesía do ano na Galiza e en Portugal.
Na Galiza MAMÁ fala en linguaxes de documentos predeterminados, de Arancha Nogueira. Em Portugal Se de repente perto fosse um verbo, de Maria Isabel Fidalgo.
As segundas poesías clasificadas foron a galega "Se algunha cousa queren comigo", de Lorena Conde, e a portuguesa "Podia-te chamar Lisrio", de Fernando Machado Antunes.
Na terceira posición quedaron a galega "As amigas", de Yolanda Castaño, e a portuguesa "Faço uma curta viagem", de Maria Teresa Dias Furtado.
Parabéns ás vencedoras e ás segundas e terceiras clasificadas!
Até ás 23:59 h do día 14 de maio permanece aberto o prazo para votares e escolleres a mellor poesía da Galiza e de Portugal.
Podes ler todos os poemas e despois votares premendo aquí.