Skip to Content

Maio 2020

Teatro con xeado

  Bo día rapaces e rapazas:

 

Estos días vai moita moita calor así que vos propoño unha actividade tranquila e moi refrescante.

Unha tarde de teatro con xeado:

 

 

Desfrutade do día

 

A Fada do Alba que nos libros anda

BEETHOVEN PARA NENAS E NENOS

 

 

 Ola amigos e amigas!!! 

Na nosa biblioteca temos libros que falan de animais, libros de cociña, libros sobre o espacio, e tamén temos libros bibliográficos de músicos, pintoras...

Hoxe tráiovos a un célebre compositor e pianista alemán moi coñecido polas súas obras musicais: «Para Elisa» e a «Novena Sinfonía», por exemplo. Chámase BEETHOVEN.

 

Pinchade na imaxen de Bettoven para escoitar a súa biografia

Agora  propóñovos as seguintes actividades:

1. Beethoven ten un pequeno accidente e caenlle  as partiturasne quédanlle ciscadas polo chan, pódelo axudar a poñelas en orde?

Google Doodle de Beethoven

2. Colorea online

3. Video Pantera rosa, 5° sinfonía de Beethoven

 

 4. Escoitade a peza musical "para Elisa". deixádevos levar pola música  deste xenial compositor e bailade. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DEICA,AMIGUIÑ@S, COIDÁDEVOS. BIQUIÑOS

ALBA A FADA QUE NOS LIBROS ANDA

Hoxe o conto, vas contalo ti

   Bos días  amiguiños  e amiguiñas.

Despois de tanto días na que as vosas nais, pais, irmás... léenvos os contos, hoxe os toca a vós. 

Neste conto as palabras están sustituidas por debuxos, seguro que sodes ben capaces.

 

 

Que vos parece se creades un mapa da vosa casa  onde sinaledes a vosa habitación e o percorrido que habería que facer ata a vosa cociña, onde seguro que vos agarde unha gran recompensa.

Se vos animades podedes enviarme un debuxo dos vosos mapas. Aquí deixo un exempliño. 

 

Ata pronto, a Fada do Alba que nos libros anda

Biblioteca: Recrear a portada dun conto

Ola nenos e nenas, coma tódolos martes, estou aquí para proporvos una actividade divertida.

Esta vez, trátase de recrear a portada dun conto, o que máis vos guste.

Poderedes: 

  • caracterizarvos desa personaxe. Para que se pareza a do noso conto, tendo en conta:
    • a postura,
    • os obxectos significativos da personaxe (a cesta en carrapuchiña) 
    • o espazo onde está, praia, bosque, río,...
  • recrear a personaxe con plastilina (parruliño feo)

Cando vos fagades a foto lembrade poñer o libro ó voso lado  para que poidamos ver a portada que vos inspirou.

Aquí vos deixo unhas fotos sacadas de internet, por se axudan.

 

         

 Agardo con impaciencia as vosas fotos 

Un bico a tod@s

Alba, a fada que nos libros anda

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mosaico de arcoiris UHU

Ola rapaces :

Xa está rematado o mural conxunto dos arcoiris , no que participaron moitos nenos/as de galicia.

Se clicades na palabra  mosaico  podedes desfrutar desta fermosa creación.

 

 

un truco, recorda pinchar no símbolo + para ampliar a imaxe e intentar localizar o teu arcoiris.

Moitas  grazas  por participar 

Un bico da Fada do Alba 

Letras Galegas xunto con Uxía Lambona e outros centros

Aqui tedes o resultado final do traballo conxunto entre varios centros educativos de Galicia e coa colaboración da banda Uxía Lambona. Grazas a todas as familias por participar desta proposta.

 

Día das Letras Galegas

    RICARDO CARVALHO                CALERO

O escritor Ricardo Carvalho Calero naceu na cidade de Ferrol o 30 de outubro de 1910.

Era o fillo maior de M.ª Dolores e Gabriel Ricardo. Tivo cinco irmáns máis.

De pequeno estudou en Ferrol, nunha escola da rúa Magdalena, a rentes da súa casa, e nun colexio dirixido polo escritor Manuel Comellas.

Ao acabar o bacharelato marchou á universidade de Compostela. Escribiu en moitas revistas galegas e sempre defendendo o idioma e a cultura galega: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios...

Tamén é autor de moitos libros de poemas, teatro, relatos... entre os que hai que salientar A xente da Barreira e Scórpio. As pitas baixo a choiva, dirixido aos máis pequenos, cóntanos un feito que lle pasou a Ricardo cando era neno. Quería recoller as pitas que se estaban a mollar no patio. Ao final do relato estaban todos mollados como pitos: as pitas, el e toda a súa familia.

Foi profesor do instituto Rosalía de Castro de Santiago, e o primeiro catedrático de Lingua Galega da universidade.

Tamén foi membro da Real Academia Galega (RAG) e o seu discurso de ingreso foi sobre a poetisa galega Rosalía de Castro.

Este ano a RAG dedícalle o Día das Letras Galegas pola súa defensa do idioma galego e da súa cultura.

Agora que sabedes un pouco da vida de Ricardo Carvalho Calero, podedes xogar un pouquiño con estas actividades. 

  Actividades 4º infantil

                                         actividades 5º infantil

                                                                                  actividades 6º infantil

 

 

Agora toca por a proba os coñecementos da túa familia, xogando todos xuntos aos dardos, pincha no seguinte enlace.

Desfrutade do Día das Letras Galegas

  A Fada que nos libros anda

 

CONTO: "PÁJARO AMARILLO"

 

                           OLA RAPACES, HOXE É MARTES, DÍA EN QUE IMOS A BIBLIOTECA. ESCOLLÍN ESTE CONTO QUE ESPERO QUE VOS GUSTE.

TRATA DUN PAXARO QUE TEN AS ÁS MOI PEQUENAS, TAN PEQUENAS QUE NON PODE VOAR. GRACIAS Ó SEU INXEÑO LOGRA ... QUE SUCEDERÁ?

 

UNHA VEZ REMATADA A LECTURA DO CONTO OU O VISIONADO DA PELÍCULA. QUE VOS PARECE SE DEBUXAMOS A"PÁJARO AMARILLO"?. ESPERO OS VOSOS PRECIOSOS DEBUXOS.

 

PINCHA NA IMAXEN PARA LER O CONTO 

 

VÍDEO: https://youtu.be/VCgVZ9j94EI

 

 

 

 

 

 

 



by Dr. Radut