Biblioteca: Recrear a portada dun conto

Ola nenos e nenas, coma tódolos martes, estou aquí para proporvos una actividade divertida.

Esta vez, trátase de recrear a portada dun conto, o que máis vos guste.

Poderedes: 

  • caracterizarvos desa personaxe. Para que se pareza a do noso conto, tendo en conta:
    • a postura,
    • os obxectos significativos da personaxe (a cesta en carrapuchiña) 
    • o espazo onde está, praia, bosque, río,...
  • recrear a personaxe con plastilina (parruliño feo)

Cando vos fagades a foto lembrade poñer o libro ó voso lado  para que poidamos ver a portada que vos inspirou.

Aquí vos deixo unhas fotos sacadas de internet, por se axudan.

 

         

 Agardo con impaciencia as vosas fotos 

Un bico a tod@s

Alba, a fada que nos libros anda