Ola nenos e nenas, coma tódolos martes, estou aquí para proporvos una actividade divertida.
Esta vez, trátase de recrear a portada dun conto, o que máis vos guste.
Poderedes:
- caracterizarvos desa personaxe. Para que se pareza a do noso conto, tendo en conta:
- a postura,
- os obxectos significativos da personaxe (a cesta en carrapuchiña)
- o espazo onde está, praia, bosque, río,...
- recrear a personaxe con plastilina (parruliño feo)
Cando vos fagades a foto lembrade poñer o libro ó voso lado para que poidamos ver a portada que vos inspirou.
Aquí vos deixo unhas fotos sacadas de internet, por se axudan.
Agardo con impaciencia as vosas fotos
Un bico a tod@s
Alba, a fada que nos libros anda