Skip to Content

Maio 2020

Día de Europa

                  CELEBRACIÓN DÍA DE EUROPA

 

O 9  de maio celébrase o Día de Europa, aniversario da histórica declaración de Schuman. No discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, presentou a idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixera impensable nunha nova guerra entre as nacións europeas.

Se queredes aprender xogando un pouco máis sobre Europa, podedes probar estes xogos, pinchade nas imaxes.

   

Axuda a avoa a descubrir, unindo puntos, os agasallos que lle traen os seus netos.

 

 

Emparella as imaxes das bandeiras.

 

Dá voltas as bandeiras e atopa dúas veces o mesmo lugar. 

 

 

Anímate a rematar o crebacabezas de Europa.

 

 Dende 1985, a "Oda á Alegría" de Beethoven foi adoptada como himno oficial da Unión Europea que só con música expresa os ideais eiropeos de  liberdade, solidariedade e paz. Déixovos  aquí o himno de Europa para que desfrutedes coa música da Xoven Orquestra de Vento da Unión Europea dirixida por André Reichling.

 

Afundación

 

TEATRO EN FAMILIA: 'GAIA'. COMPAÑÍA ENTREMÁNS

Gaia é un espectáculo onde a voz e a danza nos achegan coñecementoss do medio ambiente dende unha óptica imaxinativa. Unha historia en movimento en que a pintura, a música e o audiovisual axudan a descubrir a intensidade, o poder, a beleza e os tesouros naturais do noso planeta. A importancia da interacción entre as persoas e a natureza é a clave desta obra. 
 
 
ACTIVIDADES DE MOVEMENTO PARA REALIZAR DESPOIS DO VISIONADO DA PEZA
 
A MOVERSE E A BAILAR !!!!!
 
1. Canción Head, Shoulder, Knees and Toes
 
Traballar a canción  en inglés "Head, shoulders, kness and toes.
- aprender a coreografía.
 
 
 
2. A pegatina
 
Deitados no chan en posición de estrela, a /o nai/pai vai mencionando as partes do corpo e os nenos/as teñen que mostralas.
Dependendo da idade, podemos utilizar os termos dereita e esquerda, ou "a un lado e ó outro lado".
Por exemplo:
un brazo arriba, dúas pernas arriba, un brazo e unha perna a un lado, brazos e pernas xuntos arriba e así sucesivamente.
A primeira parte do exercicio é coma se quisexan despegarse do chan, a pegatina busca saír con esforzo e logo vaise acelerando o tempo e a pegatina finalmente se despega e sobe do chan.
 
3. A marioneta
 
 Agrupados por parellas un membro da familia fai de marioneta e outro de titiriteiro. O titiriteiro fai mover á marioneta coidando de que os fíos imaxinarios non se enreden, ou sexa deben ir a modo, movendo cada parte do corpo. 
Intercambiar as parellas e ir modificando os ritmos a velocidade e o movemento.
 
4. Xogo combinado
 
Vanse combinando distintas partes do corpo. Por parellas un fronte ó outro, o/a pai/nai di:
cabeza-mán e conectan a cabeza dun coa man do outro/a.
costas-pés idem
e así as combinacións que queirades.
 
5. Podedes acabar movendo o esqueleto con esta canción de Migallas.
 
E logo atrevédesvos a facer un esqueleto que se mova?  
Podedes debuxar unha persoa? 
e escribirlle o nome ás partes pricipais: CABEZA, TRONCO, EXTREMIDADES?
 
 
 * actividades extraídas de Afundación en casa, Teatro en familia
 
 

 

Recordando unha proposta

  Bos  días  familias:

Hoxe quero aproveitar para recordarvos unha actividade conxunta que temos con outras escolas o co grupo de música de Uxía Lambona.

A proposta é:

1. Imos escoitar o video de Uxía Lambona

 

2. Podes bailar ao ritmo da múscia, xunto coa túa familia, grabalo e envialo ó correo da escola, apra crear cos demais compañeiros/as unha nova peza musical.

3. Podes aprender un pouco da letra (unha liña, unha estrofa , o estribillo) grábate cantando e mándao o correo da escola. Pode ser un video ou un audio.

4. Se os adultos queren aparecer no video xunto co seu fillo/a deberedes enviar firmada esta autorización, ou o texto escrito por vós o correo da escola, onde nos autoricedes a reproducción da vosa imaxe.

 Pronto os deixarei ver as propostas dos outros coles .

Polo de agora aquí tedes a letra por se queredes aprendela.

                        

Un bico moi forte e ánimo con esta actividade.

A Fada do Alba que nos libros anda.

Un día de loucuras

   Bos  días  amiguiños/as  da  escola.

Onte estiven todo o día facendo un feixe de tolerías. 

Queredes que vos conte algunha delas ????

A primeira, collín unha pintura na man dereita puxen un folio diante miña e tapei os ollos. Contei ata tres é comezei a debuxar ; mirade algunhas das obras de arte que creei. 

 Olivia e  Martín tamén o intentaron, mirade as súas obras.

 

 

A segunda locura que fixen foi, intentar debuxar un obxeto coas dúas mans a mesma vez. Así como fai Hélena Souberyrand

No video podes ver un dos seus traballos.

Hélena

 

A proposta que vos fago é un traballo en equipo. Un adulto ten que leros o poema que está escrito un pouco mais abaixo e vós tedes que facer o debuxo usando algunhas destas técnicas.

 

                              La planta es un ser vivo

que debemos de cuidar

tiene cuatro partes principales

que vamos a mencionar.

por la raíz se alimenta la planta,

el tallo la sujeta, 

las hojas almacenan el alimento

y la flor nos da su belleza.

para terminar este poema 

no debemos olvidar

que las partes de las plantas

nos pueden alimentar:

la raíz nos da la zanahoria,

el tallo nos da la caña,

la hoja nos da lechuga

y el fruta manzana.

 

 Un biquiño, da Fada que nos libros anda.

 



by Dr. Radut