Reis 2020/21

A PROFE JENNI E OS DEREITOS DOS NENOS

 

  Este curso está sendo moi especial e bonito por infinitas razóns, e unha delas é que Jenni, mestra en prácticas, comparteu con nós tempo, cariño e experiencias.

   Gañounos o corazón, e tamén nos  trouxo unha actividade preciosa para traballar cos nenos a través do conto "Orellas de Bolboreta".

   Desgranando esta historia, os nenos reflexionaron sobre os sentimentos e emocións de Mara, a protagonista da historia, que levaron a indagar nos dereitos dos nenos.

   As familias colaboraron e traballaron cos seus fillos e fillas que traian todos as ideas moi claras.

 

 
 
 

" Ovos de Pascua"

 

Xa remata o segundo trimestre, chega o tempo da Pascua, tempo de ovos, galiñas e  roscas entre outras cousas.

Por eso adicamos un tempo a facer unha divertida manualidade dun pitiño saíndo dun ovo e un experimento que a todos deixou abraiados.

 

O EXPERIMENTO DEU MOITO QUE PENSAR:  CONSISTÍA EN FACER XIRAR 2 OVOS SOBRE SÍ MESMOS. PERO, PORQUE UN DÁ MOITAS VÓLTAS  E O OUTRO NON?...

POIS A DIFERENCIA ESTÁ EN QUE UN ESTÁ COCIDO E O OUTRO NON.

  O XIRO DO OVO CRUDO É MÁIS LENTO DEBIDO A QUE O LÍQUIDO  DESPLÁZASE CO MOVEMENTO NO SEU INTERIOR.

 

TAMÉN CASCAMOS UN OVO E VIMOS QUE TIÑAN DISTINTAS PARTES: XEMA, CLARA OU ALBUMEN E  A  CÁSCARA.

 

 

Primaveriña que ledo estou

Ábrese un gromo,

sae unha flor

a primavera

ole a calor,

todas as plantas

falan de amor

choiva,

vento

color.

Primaveiriña,

que ledo estou!

Antonio García Teixeiro

BAIXO O PARAUGAS

 

   Utilizando a técnica da acuela, sal, cores frías como o azul, lila ou o gris, as fotos dos nenos e nenas, e un paraugas, mirade que composición invernal bonita quedou!

 

 

8 MARZO: JANE GOODALL E REBECA ATENCIA

 

   Este curso para conmemorar o dia da muller centrámonos na vida de 2 mulleres amantes da natureza e dos animais: Jane Goodal e Rebeca Atencia.

 

   Jane Goodal, naceu en Inglaterra e dende pequena  amosou un inmenso interese pola vida animal. Sendo nena, seu pai regaloulle un chimpancé de peluche, e xa de adulta adicou a súa vida ao estudo destos animais.

   As súas conclusións revolucionaron os coñecementos que se tiñan sobre os chimpancés e sobre o ser humano.

   Fundadora do "Instituto Jane Goodal" e o programa "Raices e Brotes", logrou e sigue traballando para mellorar a conservación e o benestar animal.

 

   Rebeca Atencia é unha ferrolana que se trasladou á África para cumplir o seu soño de axudar aos animais salvaxes a vivir en liberdade.

   Actualmente é directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na  República Democrática del Congo, dependiente do Instituto Jane Goodall.

 

ATRAPANDO SOÑOS E ILUSIÓNS DE PAZ

 

E que mellor que celebrar o día da Paz cargados de ilusións...

Pois sí, na escola de Reis temos moito diso, de ilusión, de soños e de talento, como senón, ibamos facer uns atrapasoños tan fermosos.

Ademáis diso, puidemos ver e escoitar aos nosos compañeiros do Cra, a través dunha videochamada conxunta, na que todos os nenos e nenos estiveron moi atentos.

Repetiremos!!!

O Entroido xa está aquí

 

Música, diversión, disfraces, orellas, filloas, rosquillas, e moitas manualidades! Así celebramos o Entroido no Cra de Teo.

E porque o  espíritu Carnaveleiro en Reis está máis vivaracho que nunca. 

Viva o Entroido de Reis! Viva!!! Os xenerais do Ulla máis numerosos que nunca!!!

ANIVERSARIOS DE INVERNO

 

Xaneiro veu cargado de celebracións, pois Hugo, Ivo Otero, Aldán e Tristán naceron neste mes, o mes primeiro, o mes de estreno da temporada 2021 .

E aínda que a eles se lle fai longo esperar un ano, ás mestras fánsenos estos 12 meses cada vez un pouco màis curtos... Medran moito e ben, e iso hai que celebralo, aínda que sexa sen tarta ...

Aquí podemos ver a Tristán coa súa coroa.

Parabéns a todos!

 

 

 E en febreiro, fai 4 anos, nun fermoso e soleado día naceu unha princesa, das de verdade, chamada Danna.    

    Xa deu 4 voltas enteiras ao sol, e o representamos con este panel e a través dun conto da pedagoxía Waldorf.

 

Rematando o trimestre.

 

Chega o fin de trimestre, e algúns dos traballiños dos nenos van para casa. Para eso preparamos unha bolsas especiais, decoradas como renos navideños. Os nenos tamén levaron un calcetín decorado que levaba algunha sorpresiña. 

 

 

Momentos de decembro

 

Aquí imos amosar algúns momentos deste mes de decembro, que non queremos tampouco deixar de recordar. Despedimos o ano 2020, tan especial, con momentos e cousiñas lindas e tamén especiais.

 

Facer as tablillas deunos moito choio!!! Levounos días retamar estas 18 obras manuais, e aquí podedes ver algúns pasos para a súa elaboración.

E mirade a cara que se lles quedou cando viron a Papá Noel...

Papá Noel estivo con nós parte da mañán, contounos a importancia da amizade, de compartir, do compañeirismo e da gratitude. Somos afortunados, e nestas datas está ben recordalo.

 

Ademáis, este home do Polo Norte, deixou agochados uns elfos no noso patio...

Mirade quen son!

 

 
Distribuir contido