Reis 2020/21

DECORACIÓN DE NADAL

 

Vaia decoración nos marcamos esta

celebración de Nadal!

Como a pandemia non nos deixa reunir en Rarís, as familias unidas fixeron auténticas marabillas para que a escola lucise bonita, bonita...

As profes tamén traballamos moito, e utilizando unhas tablillas de madeira, pintura, clavos, lá, pedras e paus os nenos fixeron unhas obras preciosas...Pasen e vexan!

 

 
 
 

A que quedaron fermosas as tablillas? A nós parécenos que sí.

Bo traballo rapaces e familias!

Graciñas por todo.

DESEXOS DOS NENOS DE REIS PARA O 2021

Estamos a piques de rematar o ano e as vacacións    de Nadal están á porta. A profe Pili máis eu, hoxe traballamos xuntas para falar das ilusións e os desexos dos nenos para o vindeiro ano.

Sairon 4 ideas chuliiiiiisimas:

- QUEDAR PARA SEMPRE NA ESCOLA DE REIS!

- QUE TODOS OS NENOS E NENAS TEÑAN UN

SÚPER AMIGO/ SÚPER AMIGA!

- QUE TODOS OS NENOS E NENAS TIVERAN XOGUETES!

- QUE EXISTAN SÚPER HÉROES QUE REMATEN

CON TODO O MALO!

TRAS A VOTACIÓN, A IDEA GAÑADORA, FOI A DOS

XOGUETES, (MOI APROPIADA PARA ESTA ÉPOCA .

 
 
 

Postais de Nadal

 

 

Todos os anos en decembro, o concello de Teo propón aos nenos participar no concurso de postais navideñas.

Expoñemos aquí as dos nosos artistas!

Arriba podedes ver as 5 árbores de Danna, Xana, Alba, Julia e Martín, os máis pequenos da escola.

 

 
 
 
 

 

E aquí tendes aos gañadores das postais, entre eles están Martín Conde,

Marcos e as postais das nenas e nenos de 3 anos. Foron 3 premios pequenos

pero que sempre fan moita ilusión.

Grazas ao concello de Teo pola proposta.

 

Os peques da escola xogan as casiñas.

 

O recanto da casa conta cunha cuna na que duermen 2 bebés, 4 pratos, 4 copas, 4 vasos, 4 taciñas de café, 4 culleres e comidas de madeira.

Xunto coa mesa e as cadeiras e unha pequena tumbona, este pequeno espazo, conforma unha esquiñiña  chea de vida, chea de situacións cotiás representadas polas nosos fantásticos nenos e nenas. 

 

GRAFISMO

 

   Na etapa de educación infantil, unha das tarefas que están presentes na escola e a práctica do trazo, fundamental para aprendizaxes en etapas posteriores, como por exemplo a escritura.

   Este traballo constitúe un paso previo e complementario ao trazo das distintas letras. e serve  para fortalecer a coordinación óculo-manual, maior precisión cos dedos, favorece a concentración...

 

 

O CÍRCULO.

 

UNHA DAS PRIMEIRAS PROPOSTAS NESTE SETEMBRO FOI TRABALLAR COS CÍRCULOS: OBSERVAMOS O ENTORNO E BUSCAMOS A FORMA CIRCULAR, OBXECTOS REDONDOS, ESFERAS, COMENTAMOS AS DIFERENZAS...

ADEMÁIS VEMOS O CADRO DE KANDINSKI "ALGUNOS CÍRCULOS" E OS NENOS CREAN A SÚA PROPIA COMPOSICIÓN.

 

VIDA NA ESCOLA DE REIS

Xa estamos en acción! A casiña gusta sempre moito, e o baile aínda máis!
Usando a caixa de luz con creatividade.
Distribuir contido