Momentos de decembro

 

Aquí imos amosar algúns momentos deste mes de decembro, que non queremos tampouco deixar de recordar. Despedimos o ano 2020, tan especial, con momentos e cousiñas lindas e tamén especiais.

 

Facer as tablillas deunos moito choio!!! Levounos días retamar estas 18 obras manuais, e aquí podedes ver algúns pasos para a súa elaboración.

E mirade a cara que se lles quedou cando viron a Papá Noel...

Papá Noel estivo con nós parte da mañán, contounos a importancia da amizade, de compartir, do compañeirismo e da gratitude. Somos afortunados, e nestas datas está ben recordalo.

 

Ademáis, este home do Polo Norte, deixou agochados uns elfos no noso patio...

Mirade quen son!