Reis 2019/20
AS RUTINAS DA ESCOLA PARA ESTE TEMPO DE CUARENTENA
OLA TODOS E TODAS, ESTAMOS VIVINDO UNHA SITUACIÓN DISTINTA NA NOSA SOCIEDADE, A QUE DEBEMOS ACOMODARNOS COMO INDIVIDUOS E COMO COMUNIDADE. PERO ESTOU SEGURA DE QUE É UNHA OPORTUNIDADE ÚNICA PARA PARAR O NOSO FRENÉTICO RITMO DE VIDA, PARA RECAPACITAR E PENSAR NO QUE É O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE, PARA RECONECTAR DUN XEITO VERDADEIRO CON NÓS MESMOS E COS DEMÁIS. EN DEFINITIVA, PARA DARNOS CONTA DO MARABILLOSA QUE É A VIDA E DAR GRACIAS POR ELA. A LABOR EDUCATIVA, É UNHA LABOR CONXUNTA, DE TODOS: UNHA TAREFA QUE AS FAMILIAS, AS NENAS E NENOS, A ESCOLA E O CONXUNTO DA SOCIEDADE COMPARTEN. POR ISO, IMOS SEGUIR COA TAREFA EDUCATIVA ENTRE TODOS, COLABORANDO E CONECTANDO A TRAVÉS DE DISTINTOS MEDIOS, POIS TEMOS A INMENSA SORTE DE DISPOÑER DE MILES DE FERRAMENTAS E RECURSOS. ESCANTARÍAME QUE POIDAMOS COMPARTIR CADA DÍA, E A TRAVÉS DESTA PÁXINA, UN MOMENTO POSITIVO, UNHA EXPERIENCIA BONITA DE CADA UN DE NÓS. ASÍ CANDO VOLVAMOS, E POIDAMOS DARNOS DE NOVO UN "ABRAZO DE CORAZÓN", TEÑAMOS UN RECORDO DO QUE FOI ESTE TEMPO, E A MESMA VEZ, UNHA FORMA DE CONECTAR E COMPARTIR ALGO COS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DIARIAMENTE. CONVÍDOVOS A TODOS E TODAS A ... "O FRASCO DA FELICIDADE DA NOSA ESCOLIÑA DE REIS". ESTA VAI SER A NOSA PRIMEIRA RUTINA, QUE FAREMOS POLA NOITIÑA. A CONTINUACIÓN EXPOÑO E PROPOÑO AS SEGUINTES PARA COMENZAR O DÍA E FACER DURANTE A MAÑÁN.
|
1ª: Na escola todos os días cantamos a canción de "Doña semana" ou outras como os "Días da semana", os "Guardiáns do planeta" ou "Ecoloxista" de Pablo Díaz. |
2º:Poñer a data: Vemos que día é: Por exemplo, martes. Traballos que realizamos coa palabra: 1º. Palmeamos o número de sílabas ou partes: Mar- tes. (2) 2º. Imos desgranando os sons das letras, NUNCA DECIMOS O NOME DA LETRA, por exemplo "eme". Pronunciamos o son "mmmm". 3º. Sinalamos cal é a letra inicial e final. Contamos cantas letras ten. 4º. Localizamos o día do mes no calendario. Por exemplo hoxe é 17 de marzo. Damos 17 saltos, 17 palmadas,etc. Contamos cara diante e cara atrás. |
3º:Vemos os bits. Aquí tendes os enlaces: http://losbitsdeinteligenciaanaegido.blogspot.com /2012/04/banderas-de-espana.html http://losbitsdeinteligenciaanaegido.blogspot.com /2012/04/grandes-monumentos.html http://ntic.educacion.es/w3/recursos/infantil /bits_de_inteligencia/pages/main.htm Nesta páxina estamos vendo os bits dos números e cantidade do 1 ao 10 e do 11 ao 20.
|
4º: Aprendemos e recitamos a nosa poesía. Agora estamos memorizando unha de Antonio García Teixeiro que é así: |
5º: Traballo de mesa: Na casa tendes distintos traballos de grafomotricidade e fichas de traballo para facer. Pode ser plastilina, construcións, unha manualidade, pintar con témperas ou acuarelas, un experimento, construír un instrumento musical, facer unha receita, etc... Os LUNS falamos do que fixemos a fin de semana, e despois os nenos e nenas fan un debuxo sobre as súas vivencias neste tempo. Tamén escriben algo, unha palabra ou frase. É importante que respetedes a escritura dos rapaces, sexa cal sexa, garabatos, letras sen sentido para nós, etc.. Preguntádelle qué puxeron; eu o que fago e transcribir o que me din , en lápis e con letra máis pequena que a deles. Para esta semana, do 16 ao 20 de marzo propoño: -Ficha da fin de semana: luns, 16 de marzo.
- Acabar a manualidade do ourizo, na que hai que acabar de pintar, e pegar palillos que serán as púas.
- Figuras xeométricas: O rectángulo. Primeiro o coloreamos, o picamos e pegamos nun folio de cor. Os máis maiores escriben o nome da figura.
Matemáticas: 3 anos (fichas 22, 23 e 24 do libro abn). 4 anos: (fichas 18, 19 e 20 do libro abn) 5 anos (sumas 2 páxinas) Grafomotricidade: 3 anos: 2 ou 3 fichas: liñas rectas, curvas... 4 anos: 3 ou 4 fichas: liñas rectas, curvas...
5 anos: Grafomotricidade números ( 1,2,3,4) Grafomotricidade letras (vogais) Lectura: vogais. Exercicios de atención: 2 páxinas.
CONTOS ECOLÓXICOS: Enviareivos o enlace dun conto para que vexades cos nenos. Despois realizarán o debuxo, escribirán o seu nome e algo significativo da historia no lugar correspondente. Sempre respetando a escrita dos cativos e a etapa na que están. |
6º: Toca moverse: correr, xogar, saltar. Tendes as orientacións e actividades do profe Javier. Eu deixovos de suxerencia os videos de ioga ( YOGIC) que aos nenos e nenas da escola de Reis lles encantan. https://www.youtube.com/watch?v=jdxYDxlBe5Q
|
Noa cumple 5 anos!!!
Nada máis chegar de vacacións, tivemos a honra de celebrar que Noa xa deu 5 voltas completas ao sol. Parabéns Noa!!! |
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »