A PROFE JENNI E OS DEREITOS DOS NENOS

 

  Este curso está sendo moi especial e bonito por infinitas razóns, e unha delas é que Jenni, mestra en prácticas, comparteu con nós tempo, cariño e experiencias.

   Gañounos o corazón, e tamén nos  trouxo unha actividade preciosa para traballar cos nenos a través do conto "Orellas de Bolboreta".

   Desgranando esta historia, os nenos reflexionaron sobre os sentimentos e emocións de Mara, a protagonista da historia, que levaron a indagar nos dereitos dos nenos.

   As familias colaboraron e traballaron cos seus fillos e fillas que traian todos as ideas moi claras.