Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

CUMPLE DE DIEGO

Nesta semana, concretamente o xoves, celebramos o aniversario de Diego que xa cumpriu 6 aniños. Con moita ilusión decorou a súa coroa e todos xuntos/as lle cantamos cancións de cumple. Logo, na merenda, Diego invitounos a probar unha tarta de chocolate que estaba tan deliciosa que non sobrou nada!

Moitos parabéns Diego!!

Imaxe de Jacqueline

MECO

Aquí vos deixamos unhas imaxes destes días de entroido no cole que disfrutamos seguindo as indicacións do Meco. Grazas pola vosa colaboración!

 

Imaxe de Jacqueline

PAZ

Esta semana celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz falando sobre o que para cada un de nós significaba a palabra Paz e recordando que a paz non é cousa dun día, senón que as boas accións deben forma parte sempre das nosas vidas.

Aproveitando esta celebración decoramos a aula cun mural no que representamos o símbolo da paz e decoramos a porta coas palabras da paz que os vosos fillos/as fixeron na casa coa vosa axuda. Ademais, no cole quixemos elaborar un diccionario da paz entre todas as escolas e a nós tocáronnos dúas letras: a T e a E.

Por certo, a semana vindeira comezamos a celebrar o Entroido na escola. Estade atentos ao Meco para saber que é o que nos manda traer cada día á escola. Polo de pronto, para o luns mándanos o seguinte: https://youtu.be/fyzmeCA-UVA

Podedes ver os mandatos na páxina principal da web do cole.

Saúdos!

     

Imaxe de Jacqueline

BOLIÑAS DE HIDROXEL

Estes días estivemos facendo algúns experimentos coa profe Amelia, pois trouxo á aula unhas boliñas de hidroxel. Ao principio non sabíamos que ía pasar con estas boliñas, asi que xurdiu un debate no que cada un deu a súa opinión. Uns pensaban que as boliñas ían medrar, outros que ían desaparecer, outros que ían quedar como estaban, que ían cambiar de cor, etc.

Comezamos o experimento observando primeiro as boliñas, que eran pequenas, duras e de diferentes cores. Aproveitamos para apreciar o son das cousas duras e brandas, deixando caer unha boliña ao chan (duro) e despois unha esponxa (brando). Aos pequenos/as sorprendeulles descubrir este detalle no que non reparan ata o momento. De feito, ese día tivemos sorte porque a natureza permitiunos apreciar diferentes sons, pois de súpeto comezou a granizar e puidemos escoitar en silencio como soaban as boliñas de xeo que caían ao chan.

Unha vez que tiñamos todas as boliñas xuntas, botámoslle auga por riba e agardamos ata o día seguinte no que descubrimos que as boliñas mudaran de tamaño, xa eran moito máis grandes, pero as súas cores desvanecéranse e só tiñamos unhas poucas boliñas azuis. Por iso, outro día Amelia volveu traer outras boliñas de hidroxel para repetir o experimento con boliñas de cores e desta vez saíu todo á perfección.

Amelia tamén nos fixo unhas "pelotas anti-estrés" con algunhas boliñas e, para iso, meteunas dentro dun globo. Despois, todos puideron tocar os globos que causaba sensacións moi agradables ao tacto.

Esta actividade resulta moi interesante para traballar conceptos diversos como o conteo, a clasificación, as cores, os tamaños, os sentidos, as cualidades dos obxectos (suave, áspero, brando...), as agrupacións, as decenas...

Moitas grazas Amelia!!

Imaxe de Jacqueline

AVESPAS VELUTINAS

A semana pasada recibimos unha visita moi interesante na escola, grazas á colaboración do Concello de Carballo, que nos falou sobre a avespas velutinas. Aprendimos moitas cousas sobre estes insectos, observando imaxes, descubrindo o seu impacto na natureza e de aí a importancia de loitar contra elas. Incluso puidemos ver como son os seus niños, observando un de verdade na aula.Tamén nos ensinaron a facer trampas cunhas botellas de plástico. Pasámolo moi ben.

Distribuir contido


by Dr. Radut