Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

VÍDEO CURSO 17-18

Agora que quedan apenas uns días para rematar, gustaríame compartir con vós un vídeo que elaborei con moito cariño e no que recollín algúns dos momentos que vivimos ao longo deste curso. Un bonito recordo para un curso cheo de experiencias e aventuras!

Agardo que vos guste.

https://youtu.be/w0nF0cg8VJE

 

Moitos bicos.

 

Imaxe de Jacqueline

REMATANDO O CURSO...

Ola a todos e todas!

Xa estamos vivindo os últimos días de cole e iso nótase no ambiente, máis nervios, máis inquietude, moita alegría, bo tempo... 

Como sabedes, hoxe cada neno/a levou para casa todo o que fixemos ao longo do trimestre: traballiños, debuxos, notas, fotografías... Aínda así, quería compartir con todos vós estes últimos momentos do curso. O venres celebramos os aniversarios dos nenos/as que cumprían ao final do curso e durante o verán: Vera, Julia, Pablo e Yago. Tamén podedes ver unha foto de Sara, pero o seu aniversario celebrámolo a comezos deste mes.

Tampouco quería esquecer aos maiores da clase! O vindeiro curso comezarán noutro cole e por iso fixemos unhas fotos de despedida, a modo de recordo.

Iván, Claudia, Pablo, Sara, Lucía, Rubén, Diego, Hugo, Lucas, Tomás e Lara espero e deséxovos que todo vos vaia moi ben nesta nova aventura que agora ides emprender. Non esquezades nunca esta pequena escoliña, na que vivimos e disfrutamos moito neste tempo que se fixo tan curto.

  

 

 

ATA SEMPRE!

  

 

 

  

 

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS DE MAIO

No xa rematado mes de maio cumpriron anos dous pequenos da clase, Claudia Antelo 4 aniños e Rubén 6! Como sempre, celebrámolo con moita emoción. Máis abaixo, deixámosvos unha foto dos protagonistas deste mes.

Por certo, o Mago da Palabra Gonzalo contestounos por fin ao noso envío, recordades? O Loro Lolo que lle fixeramos como mascota. Díxonos que lle gustou moitísimo. Nós, por suposto, alegrámonos cantidade e disfrutamos moito co vídeo de despedida que nos mandou. Este é o link por si queredes velo na casa: http://youtu.be/_kg4Fl549Fo

Unha cousa máis, comezamos xa a conta atrás no cole. Pronto rematará o curso, asi que antes de marchar, nalgúns destes últimos días, imos celebrar todos os cumples que quedan aínda por chegar. 

Moitos bicos!

 

Imaxe de Jacqueline

MAGO DA PALABRA

Estes días tamén recibimos unha visita inesperada, pois un mago xa coñecido por moitos dos pequenos/as deixounos unha carta na aula que limos durante unha das nosas asembleas. Despois da lectura, dímonos conta que se trataba de Gonzalo, o mago da palabra que coñecimos o ano pasado e que nos mostrou a maxia e a ledicia que poden transmitirnos os contosNesta carta contounos que seguía polo mundo na procura de historias, contos e  persoas como os vosos pequenos/as, que xa botaba en falta. Por iso, enviounos un vídeo no que nos contou un conto moi chulo chamado "La ovejita que vino a cenar" (Steve Smallman, Joelle Dreidemy) e, ademais, deixounos un recadiño: os nenos/as debían pensar nunha mascota que acompañe ao Mago nas súas aventuras, pois así séntese só.

Puxémonos mans á obra e despois dun fin de semana para pensar, o luns votamos na asemblea que mascota lles gustaría crear aos nenos/as para enviarlla a Gonzalo. Tras varias opcións (como polo, gato, can...) a gañadora foi un LORO, pero... a este loro fatáballe algo... Tras moito pensar, dímonos conta de que había que poñerlle un nome, así que volvimos votar e o nome gañador foi o de... LOLO. O loro Lolo!

Este foi o resultado. Agardamos que vos guste e, por suposto, que tamén lle guste a Gonzalo.

    

Imaxe de Jacqueline

MÁIS ACTIVIDADES

Estas semanas seguimos a traballar con novos e vellos materais, seguindo a metodoloxía por ambientes e aproveitando recursos como a mesa de luz, que por certo, hai que celebrar que xa temos unha mesa para cada unha das aulas! 

Así, traballamos diferentes tipos de trazos e formas con area na mesa de luz (pan relado para ser exactos, jeje) e realizamos algunhas outras actividades por ambientes como podedes ver nas imaxes (xogos de emparellar, trasvases líquidos e sólidos, series, precisión psicomotriz...).

 

        

Distribuir contido


by Dr. Radut