Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

O YETI

Neste samaín cada unha das aulas realizou unha pequena investigación sobre un monstro. Nós dedicámonos a investigar sobre o Yeti. Por iso, un destes días atopastes esas pegadas tan estrañas na entrada da escola. Parece que un Yeti veu visitarnos!!

Con toda a información que sacamos realicei un vídeo no que recollimos o traballo que estivemos a facer. Tamén vos deixo unhas fotiños.

 

A profe de prácticas, Chus, tróuxonos un conto interactivo sobre un Yeti (¿Amigos? Charlotte Gastaut) que lles gustou moito aos nenos, pois tocando a pantalla da tablet podían mover os elementos do conto.

 

O traballo feito mural:

 

As pegadas do Yeti pintadas polos nenos/as.

 

 O vídeo que fixemos sobre o Yeti para que os demais compañeiros/as poidan coñecer tamén a este monstro tan monstruoso!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=3NutPqO3BJE&feature=youtu.be

 

Imaxe de Jacqueline

OUTUBRO

Neste mes de outubro tamén traballamos sobre o outono, aproveitando os elementos da natureza. Así, elaboramos uns cadros moi chulos con diferentes tipos de follas.

 

 

 

 

Paralelamente, comezamos un proxecto que elixiron libremente de entre diferentes temas que eles mesmos propuxeron como os coches, os animais da granxa, os castelos, os astronautas... Finalmente, o tema que máis votos obtivo foi o dos osos e estas son as cuestións que abordamos sobre o proxecto:

 

Imaxe de Jacqueline

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Ola de novo!!

Neste novo curso que comezou xa fixemos moitas cousiñas. Algunhas delas podédelas ver nas seguintes imaxes.

Decoramos a entrada cunhas fotos de benvida de cada un dos nenos/as da aula.

 

Elaboramos un mural con "puntos" creativos despois da lectura do conto "El punto" (Peter H. Reynolds), que fala da importancia de crer nun mismo para lograr cousas fantásticas.

 

Participamos con liberdade creativa na elaboración do noso calendario de aperitivos, que colocamos na aula para saber o que toca cada día.

 

Pensamos entre todos/as e votamos as normas que nos gustaría ter na aula para sentirnos tranquilos e alegres.

 

Grazas a Teresa, profe de Sísamo, descubrimos un novo xogo na aula; pois foi ela quen nos fixo esta táboa tan chula e que nos permite desenvolver a nosa creatividade, así como traballar conceptos diversos como as letras, as formas, os números... Neste xogo podemos trazar diferentes formas empregando gomas elásticas, como vedes na imaxe.

Imaxe de Jacqueline

BO VERÁN!

Grazas por todo familias. 

Déixovos a foto da orla e pido disculpas por non poder facer unha foto de grupo, pero nas últimas semanas foi completamente imposible reunir a todos os nenos/as. Como ben sabedes, moitos deles caeron enfermos e isto impediu que puideramos xuntarnos nas últimas 3 semanas.

A través deste link podedes acceder a un vídeo de despedida de todos os nenos/as que marchan do CRA: https://www.youtube.com/watch?v=G8_iBUrmvjM

Feliz verán e bo inicio de curso aos pequenos e pequenas que marchan.

Moitos bicos!!

 

 

Imaxe de Jacqueline

FESTA FIN DE CURSO

Hoxe celebramos a festa de fin de curso cos nenos e nenas da escola de Rega e mañá farémolo con todos os demais nenos/as no pavillón do Bergantiños.

A verdade é que hoxe pasámolo en grande con María, a profe de Rega, que nos fixo uns xogos de benvida moi divertidos con globos. Os pequenos/as tamén participaron na elaboración do aperitivo de media mañá coa axuda das profes. 

Despois, pintamos en papel film con rotuladores permanentes, fixemos un photocall, buscamos tesouros polo patio (chocolate e chuches), tomamos o aperitivo, máis tarde comimos piña para refrescarnos un pouco, xogamos polo patio e para rematar a mañá vimos un pouco a película "Los Croods". Foi un día estupendo!

Aquí vos deixo unhas fotos desta xornada.

Un bico e ata mañá!

  

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut