Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

2º TRIMESTRE

Ola a todos e todas!

Xa fai unhas semaniñas que comezamos este segundo trimestre, pero aínda non vos amosamos algunhas das novidades que tiveron lugar. Para comezar, á volta de Nadal tiñamos uns agasallos na aula agardando por nós. Ese día Mara era a encargada, polo que lle tocou a ela abrilos e descubrir o que había dentro con moita expectación. Tivemos moita sorte, pois eran uns agasallos moi especiais e diferentes ao que coñecemos. Por unha banda, un arco da vella de cores (arco da vella de Waldorf) co que podemos xogar a inventar centos de historias diferentes coa nosa imaxinación e, por outra, a caixa de cores nº3 de María Montessori coa que podemos aprender a diferenciar diferentes gamas de cores.

 

Tamén comezamos un novo proxecto, pois o proxecto sobre os osos xa o dimos por rematado no trimestre pasado. Nesta ocasión e tras unha intensa votación con diferentes temas (como os dinosaurios, os zapatos, as cartas, os animais da granxa, os dragóns...) saíu gañador o tema dos vehículos. Pronto vos amosaremos cousiñas.

Así mesmo, estamos a realizar diferentes actividades plásticas sobre o inverno que vos iremos mostrando pouco a pouco. Nunha das actividades, que nos resultou moi divertida, tiñamos que soprar a través dunha palliña para conseguir que as gotiñas de acuarelas baixasen polo papel como se fosen gotas de chuvia. Foi moi divertido!! Posteriormente, fixémonos unha foto cun paraugas e unha vez montado o noso cuadro, puxémoslle un marco con material de refugallo (papeis de revista). Quedou moi chulo. Este é o resultado! 

 

Pronto vos amosaremos máis novidades!

Un bico!!

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Neste primeiro trimestre que xa rematou celebramos os últimos aniversarios dos meses de novembro e decembro. Cumpriron anos Manuel e Martina (4 anos xa!), Dani (3 aniños), Ignacio (4 anos!) e Ángel (3 anos). Celebrámolo con moita ilusión, sobre todo os protagonistas do día.

Aquí vos deixamos unhas imaxes dos peques.

 

Imaxe de Jacqueline

SAMAÍN

O martes 30 de outubro celebramos o Samaín na aula. Por iso, os nenos e nenas que así o desexaron viñeron disfrazados ao cole. Mirade que guapos estaban cos estes disfraces tan terroríficooooossss!!

 

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIO MATEO

No mes de outubro que xa rematou tamén celebramos o aniversario de Mateo, que cumpriu 3 aniños. Para celebralo con nós, invitounos a un biscoito de chocolate moi rico!! 

Como era o seu día, Mateo decorou a súa coroa, soprou as velas e cantámoslle diferentes cancións de aniversario.

Aquí o tedes!

Imaxe de Jacqueline

MONSTROS SAMAÍN

A semana pasada tamén decoramos a aula cos monstros que os pequenos/as fixeron na casa grazas á vosa colaboración. O venres realizamos unha votación para elexir o monstro que representaría á nosa aula no concurso de monstros que facemos a nivel de centro. Así, os nenos/as elixiron o seu monstro favorito, aínda que foi unha tarefa difícil, pois todos resultaban moi atractivos!!

 

 

Este foi o monstro elixido por maioría.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut