Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

BOLIÑAS DE HIDROXEL

Imaxe de Jacqueline

Estes días estivemos facendo algúns experimentos coa profe Amelia, pois trouxo á aula unhas boliñas de hidroxel. Ao principio non sabíamos que ía pasar con estas boliñas, asi que xurdiu un debate no que cada un deu a súa opinión. Uns pensaban que as boliñas ían medrar, outros que ían desaparecer, outros que ían quedar como estaban, que ían cambiar de cor, etc.

Comezamos o experimento observando primeiro as boliñas, que eran pequenas, duras e de diferentes cores. Aproveitamos para apreciar o son das cousas duras e brandas, deixando caer unha boliña ao chan (duro) e despois unha esponxa (brando). Aos pequenos/as sorprendeulles descubrir este detalle no que non reparan ata o momento. De feito, ese día tivemos sorte porque a natureza permitiunos apreciar diferentes sons, pois de súpeto comezou a granizar e puidemos escoitar en silencio como soaban as boliñas de xeo que caían ao chan.

Unha vez que tiñamos todas as boliñas xuntas, botámoslle auga por riba e agardamos ata o día seguinte no que descubrimos que as boliñas mudaran de tamaño, xa eran moito máis grandes, pero as súas cores desvanecéranse e só tiñamos unhas poucas boliñas azuis. Por iso, outro día Amelia volveu traer outras boliñas de hidroxel para repetir o experimento con boliñas de cores e desta vez saíu todo á perfección.

Amelia tamén nos fixo unhas "pelotas anti-estrés" con algunhas boliñas e, para iso, meteunas dentro dun globo. Despois, todos puideron tocar os globos que causaba sensacións moi agradables ao tacto.

Esta actividade resulta moi interesante para traballar conceptos diversos como o conteo, a clasificación, as cores, os tamaños, os sentidos, as cualidades dos obxectos (suave, áspero, brando...), as agrupacións, as decenas...

Moitas grazas Amelia!!



blog | by Dr. Radut