Blog da ESO

Nos obradoiros de fin de curso, varias alumnas de 3º ESO ensinámoslle algo de programación con Scratch ao alumnado de Primaria.

Creamos un programa contando unha historia!

Un rapaz achégase ao dinosaurio, saúdalle e invítalle a bailar...

Despois, coa nosa axuda, o alumnado de Primaria deseñou un programa máis sinxelo... Un obxecto bailando!

Esperamos que se divertiran deseñando as súas propias creacións!

 

Unha galería de arte ou museo é un espazo para a exhibición e promoción da arte, en especial da arte visual, e principalmente da arquitectura, escultura e pintura.

O alumnado de 2º ESO tivo que crear unha Galería de Arte especializada nos estilos artísticos do Románico e Gótica na plataforma Agueiro. Deberon procurar que fora o máis atractiva, didáctica, intuitiva e interesante para todo aquel/a que se achegara a visitala.

Aínda que todos os grupos fixeron un excelente traballo, decidimos amosar só unha das galerías. Se premes na imaxe podes ver a súas creación.

 

O alumnado de 4º ESO na materia de Dixitalización realizamos un xogo, utilizando Scratch.

Neste xogo debían aparecer, como mínimo, cinco obxectos. Os obxectos deben facer diferentes movementos, mudar o seu disfrace, cambiar o seu tamaño, aparecer-desaparecer, emitir sons, capturar obxectos, perseguirse...

O obxetivo do xogo que tedes a continuación é simple. Debedes capturar no cubo de auga os máximos peixes posibles. Este cubo móvese seguindo ao rato e ao bater un récord aparece un ajolote nel. O peixe globo resta 10 de vida, e cada vez que pase un peixe normal resta 1. A dificultade é aleatoria xa que os peixes poden aparecer en cada extremo cada un e facerse imposible a captura.

Probade a vosa habilidade!

 

Este ano a carreira de orientación, zonal e provincial, tivo a sorte de contar entre as súas filas ao alumnado de 3º e 4º de ESO. Poucos foron os clasificados, polo que a esperanza na provincial non era demasiado alta… con todo, houbo algunha que outra sorpresa.

O que parecía un pretexto para saltarnos o horario lectivo, volveuse no inicio dunha odisea. Comezamos o noso periplo á primeira hora da mañá. O autobús levounos ata Pontevedra, á Illa das Esculturas, e unha vez alí o noso profesor e mentor atlético deunos as indicacións necesarias para coñecer o tipo de roteiro que iamos realizar; a verdade é que máis dun non sabía aínda nin onde estaba. Unha vez fomos identificados cunha pulseira dixital que nos adentrou nun mundo distópico, procedemos a comezar a carreira; que preguiza!

Esta primeira carreira, a pesar de que algúns participantes doutros grupos moveron as balizas entorpecendo a nosa vitoria e a calor era abafante, conseguimos acabar a carreira sen ningún problema destacable e coa clasificación dunha vintena de persoas do noso colexio. O noso trofeo foi un Calippo refrescante para soportar ese día solleiro. Sobre as 14:30, xa estabamos novamente no centro escolar, onde nos esperaba Marta para unha marabillosa clase sobre formulación orgánica.

Os afortunados que nos conseguimos clasificar fomos á carreira provincial a Vigo, ao parque de Castrelos. Que Martín GM chegase tarde, como sempre, provocou que as nosas compañeiras do equipo feminino chegasen ao límite para a súa saída; porén, o equipo masculino tivo tempo para cambiarse e otear o terreo. Nesta segunda carreira a sinalización do mapa que nos deron non era demasiado clara e nos desorientamos, o que provocou que as nosas marcas baixasen. A pesar de que isto supuxese unha criba importante cara ao triunfo, Daniel DD conseguiu alzarse como o noso Aquiles chegando á súa patria, conseguindo o primeiro posto entre os vigueses. Bravo!

Alumnado 4º ESO Bilingüe

 

Durante o terceiro trimestre en 3º da ESO na materia de Educación dixital estivemos utilizando unha aplicación de programación chamada Scratch.

Scratch é unha un sistema de programación que se pode utilizar tanto online como descargando a aplicación no ordenador. Con este sistema podes elixir ou subir unha o varias personaxes e cos bloques programalas para que fagan cousas (como moverse, falar, soar...) e realizar xogos ou outras cousas impresionantes.

Esta práctica é unha conversa entre un mono e unha serpe, que intenta axudalo. Para observar esta pequena historia e que realicen as accións as dúas personaxes hai que premer na bandeira verde e xa podedes desfrutalo.

Espero que vos gustase o noso programiña!

 

Durante o terceiro trimestre o alumnado de 3º da ESO de Educación Dixital estivemos traballando con numerosos códigos que nos ofrece o programa Scratux.

O Scratux é unha aplicación onde podes programar bonecos cos sons e gran variedade de movementos que nos ofrece este programa. Realizamos diferentes actividades combinando sons, disfraces, movementos... de cada unha das personaxes coas ferramentas que este nos ofrece. Ao principio pode facerse un pouco complicado e lioso programar xa que hai moitas ferramentas e opcións, pero o Scratux é un programa moi sinxelo de utilizar, xa que ten todo moi ben estruturado e explicado.

Estas actividades están expostas en AGÜEIRO. Se pinchas aquí podes entrar e ver o traballo feito por todo o alumnado. Son diferentes programas onde os animais móvense, emiten sons, falan... Falando desta actividade, poderiamos dicir que foi a máis entretida. Tivemos que elixir un escenario e nel colocar como mínimo 3 animais os cales deberían ser diferentes, e cada un deles realizar un movemento polo escenario. Esta actividade gustounos moito. Este proxecto e curto, o paso máis difícil é programar os animais e para que non choquen uns con outros ou non se superpoñan.

Esperamos que vos gusten os nosos animalarios!

Esta viaxe comezou con completos descoñecidos e acabou con amizades inesquecibles. Aínda se lembran os nervios do primeiro día, e esa tensión que foi desaparecendo co paso do tempo. Ao principio todo era difícil, custábanos comunicarnos e sabíamos pouco deles, pero co paso do tempo, aínda que foron cinco días, esas barreiras desapareceron entre todos nós. Excursións que non se repetirán nunca, e non polo lugar de destino, senón pola xente que che acompaña. Recordos indescritibles e momentos moi graciosos foron os que marcaron esta viaxe.

Alá en Francia tivemos varios problemas: xa ir ao aeroporto foi un deles, case mellor non falar diso, xa que estar unha hora sen saber se o autobús chegará ou non, non é moi agradable lembralo. Pero quitando iso, falando por todos, foi unha das viaxes máis especiais da nosa vida, onde vivimos unha vida totalmente diferente durante cinco días.

 

Coma todos os anos as nosas profesoras de Matemáticas organizaron o concurso de “Fotografía Matemática”. A idea foi moi divertida e se queredes podedes ver as nosas fotos pinchando na seguinte imaxe.

 

Como proxecto deste terceiro trimestre o alumnado de segundo da ESO tivemos que fabricar os nosos propios instrumentos musicais.

Aínda que poida parecer unha tarefa sinxela, nada máis lonxe da realidade, posto que hai que poner moita imaxinación e enxeño para poder facer algo con xeito e por riba que soe ben!

Estos son os nosos instrumentos...

Se queredes coñecer máis a fondo o noso traballo podedes pinchar na imaxe!

 

Nas aulas do CPI do Progreso temos contedores para facer unha recollida selectiva dos nosos residuos. Na materia de Proxecto Competencial, dentro do noso traballo de Conservación do Medioambiente, fixemos uns vídeos cos que vos lembramos como deben ser utilizados os diferentes contedores de xeito correcto.

Aquí vos deixamos os enlaces:

RECICLAXE DE PLÁSTICOS

RECICLAXE RESTOS ORGÁNICOS

RECICLAXE DE PAPEL

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.