Reciclaxe no CPI do Progreso

Nas aulas do CPI do Progreso temos contedores para facer unha recollida selectiva dos nosos residuos. Na materia de Proxecto Competencial, dentro do noso traballo de Conservación do Medioambiente, fixemos uns vídeos cos que vos lembramos como deben ser utilizados os diferentes contedores de xeito correcto.

Aquí vos deixamos os enlaces:

RECICLAXE DE PLÁSTICOS

RECICLAXE RESTOS ORGÁNICOS

RECICLAXE DE PAPEL

 

Vídeo reciclaxe dde plastico

Enviado por 3ESO o Lun, 2024-06-17 12:54.

O vídeo gustoume moito e aprendín bastante, xa que antes non sabía que os cartóns de leite avía que aplastalos e non sabía como facelo e agora si. E moi fácil de entender e todo o mudo pode aprender.

Samuel Carou Carballo, 3ºB

O video do plástico pareceume

Enviado por Anónimo o Lun, 2024-06-17 12:53.

O vídeo do plástico pareceume moi interesante xa que podes aprender a tirar e a reciclar plásticos facilmente.

Xabier Castiñeiras Figueira, 3º ESO B

Vídeo reciclaxe plástico

Enviado por 3ESO o Lun, 2024-06-17 12:53.

O vídeo está moi ben, xa que axuda bastante a poder reciclar correctamente todo o considerado como plástico. Ademáis é facill de comprender polo cal ata os máis pequenos poden entendelo e aprender sobre a interesante reciclaxe deste material, o plástico.

Alexandre Domínguez Rodríguez, 3ºB

Reciclaxe de papel

Enviado por 3ESO o Mar, 2024-05-21 12:14.

Eu creo que o vídeo serve de exemplo e de moita axuda para saber onde tirar, como reciclar e cortar o papel. É crucial coñecer os principios básicos do papel. Ademais o papel debe tirarse no contedor de cartón. Hai que aprender e axudar a reciclaxe.

Nicolás Padín Davila 3ºA

A técnica do Compost

Enviado por 3ESO o Mar, 2024-05-21 12:12.

A compostaxe é unha técnica que consiste en amontoar esterco, restos da colleita e residuos domésticos para transformalos en produtos aproveitables como abono. Pode engadirse material seco como follas e restos de podas do xardín e as macetas, labras de madeira, mesmo cartóns ou papeis se non conteñen tintas. A compostaxe é o elemento crave para recuperar territorios desertizados.

Reciclaxe de papel

Enviado por 3ESO o Mar, 2024-05-21 12:12.

Paréceme moi importante o uso dos contedores de papel, xa que se usa moita cantidade de papel ao ano e non se fai un correcto aproveitamento dos residuos que se xeran. A reutilización do papel é moi necesaria xa que se talan moitas árbores.

Roi Davila Díaz

RECICLAXE DE PAPEL

Enviado por 3ESO o Mar, 2024-05-21 12:08.

Pareceume moi importante a parte do vídeo no que se explica como hai que tirar o papel, xa que antes de facer o vídeo xunto cos meus compañeiros non sabía que había unha maneira determinada de tirar o papel e eu tirábao de calquera maneira, e tamén outra cousa que teño que añadir é que pareceume moi importante saber distinguir que papel se pode reciclar e que papel non se pode reciclar.

Lucas Abalo Pérez


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.