Prensa
A apertura do novo comedor escolar do Feal no Diario de Ferrol
30/09/2010
O inicio das actividades do noso novo comedor escolar, que tivo lugar o pasado luns, foi recollido no Diario de Ferrol do martes 28 de setembro.
A odisea irlandesa do Feal na prensa
24/04/2010
De momento, publicáronse os seguintes artigos en La Voz de Galicia sobre o noso grupo atrapado en Irlanda:
A Biblioteca Exipcia do Feal no Diario de Ferrol
No Diario de Ferrol do 25 de marzo de 2010, publicouse un artigo sobre a transformación exipcia da Biblioteca de Primaria.
Outra profesora do Feal premiada
17/02/2010
Esta vez temos que felicitar a unha persoa moi unida a esta web: a nosa apreciada Mar González Veiga vén de gañar o segundo premio do concurso de cartas de amor "Quérote 2010" organizado polo concello de Narón. E iso que o concurso era en galego e a súa especialidade é o castelán, para que logo digan. Parabéns para Mar... e para a súa irmá Belén, que foi a que gañou o primeiro premio!!
Pequeno accidente nunha das nosas rutas de transporte escolar
29/10/2009
Achegamos a información aparecida na prensa sobre o pequeno accidente dun autobús da nosa ruta do Val, que tivo lugar o pasado mércores 28 de outubro. Afortunadamente, as lesións foron pequenas. A xente que viviu o suceso pode deixar os seus comentarios ao final deste artigo.
A problemática do profesorado de Integración en La Voz de Galicia
16/09/2009
A actual ausencia de profesorado de Integración no CPI do Feal foi comentada nun artigo de La Voz de Galicia do 16/09/2009.
A entrega dos premios de Intercentros 2009 na prensa
Mercedes Taibo recollendo o premio á ONG Lena
de máns do alcalde de Narón
16/05/2009
Achegamos os artigos publicados na prensa sobre a entrega dos premios do XX Certame Intercentros organizado polo CPI do Feal:
A exposición filatélica do Feal en La Voz de Galicia
26/04/2009
A exposición filatélica itinerante que pasou esta semana polo Feal, foi comentada en La Voz de Galicia do 25/04/2009. Lendo o artigo, parece que os periodistas non creron que na exposición houbera exemplares orixinais dos primeiros selos emitidos no mundo e en España.
A Biblioteca de Primaria achinada no Diario de Ferrol
A semana chinesa da Biblioteca de Primaria foi comentada no Diario de Ferrol do 17/02/2009.
O comedor do Feal
25/01/2009
Achegamos o artigo publicado no Diario do Ferrol do 25/01/2009 sobre o proxecto de comedor escolar para o CPI do Feal.
Nota: Inicialmente publicamos o artigo nunha versión máis reducida, debido a que así aparecía na edición dixital do Diario de Ferrol.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com