Saltar navegación.
Inicio

Fealidades

Cousas do Feal

O buxato desorientado

Buxato desorientado

Ángel Carrera, 20/10/2009

Hoxe tivemos un visitante especial no Feal. Un buxato desorientado estivo sufrindo os ataques de certos alumnos, polo que tivo que refuxiarse baixo un coche. Vimos que tiña un anel identificativo nunha pata e chamamos á Sociedade Galega de Historia Natural para que se fixese cargo del. Eles pediron que o levásemos á súa delegación en Ferrol e a Policía Local de Narón ofreceuse para isto. Así que José colleu unha caixa, pero cando se dispoñía a atrapalo... botou a voar cara aos eucaliptos!

Na imaxe, podedes ver o buxato pouco antes de despedirse. Curiosamente, parece que recapacitou na ventá de Orientación.

Actualización do artigo

A historia continuou: ao final da mañá, o buxato volveu cara ao Feal e estrelouse contra o valado, pero foi pouca cousa. Un dos conductores dos autobuses colleuno (con guantes) e xunto con José conseguiron metelo nunha caixa a pesar das súas fortes garras. Finalmente, a Policía Local entregouno á Sociedade Galega de Historia Natural, aínda que parece claro que este buxato estaba utilizándose en cetrería.

Pasoulle a Marcos

Pasoulle a Marcos

15/10/2009

O noso alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu á obra de teatro "Pasoulle a Marcos" no Pazo da Cultura de Narón. A obra trataba das consecuencias de beber alcohol e conducir. Entre os actores, había membros do grupo aficionado "El ruiseñor", pero tamén colaboradores da Policía Local, Cruz Vermella, Sergas e Bombeiros; ademais do propio Marcos, que realmente quedou parapléxico nun accidente de tráfico. Xa podedes ler varios comentarios do alumnado máis abaixo.

Benvidos!

Pocoyó

06/10/2009

Temos que celebrar a chegada de dous novos membros á tribo do Feal. O venres naceu Juan, o terceiro fillo de Manuel Joaquín, e onte Álvaro, o primeiro fillo de Nieves.

Unha aperta para as nais e pais e a nosa benvida para as criaturas!

Postal dende Edimburgo

Edimburgo

Ángel Carrera & Adrián Teijeiro, 01/07/2009

Hoxe é outro deses días históricos na nosa web. Por primeira vez recibimos unha crónica dende o estranxeiro. Trátase do noso querido alumno de 4º de ESO Adrián Teijeiro, que está facendo a Inmersión Lingüística en Edimburgo e enviounos a mensaxe que tedes máis abaixo. Faime ilusión que esta primeira colaboración internacional sexa precisamente dende Edimburgo, unha cidade pola que teño debilidade (de feito, haberá un concerto no castelo o 18 de xullo no que me gustaría estar: o 30 aniversario dos escoceses Simple Minds, pero non procede). Adrián, por favor, segue contándonos cousas dende alí durante este mes pinchando nos comentarios deste artigo, e se podes, envía algunha foto por correo ou polo buzón da web.

"Hola, soy Adrián Teijeiro Piñón (musampa) y os escribo desde Edimburgo. Por favor Ángel, ponlo en la página principal. Aquí las cosas son muy diferentes a las de allí (España) y eso de levantarse a las 6 de la mañana y acostarse a las 9 es muy raro. No se me ocurre nada más. Escribo desde la casa donde estoy viviendo, son buenas personas, tengo un italiano en la habitación que es muy tonto. Ah! Ángel, aquí los de la casa tienen dos modem, ya me lo explicarás cuando vaya en septiembre a haceros una visita. Bueno xao, bks a todos, good bye people!!!!!!!!!!!!!!!!"

Aproveitamos para inserir un vídeo dun sobrenatural paseo en bici polas rúas de Edimburgo, que triunfou en YouTube recentemente. Como diría o noso alumno Carlos Chao... "Como se maneja o tío!!"

 

Rock do Feal

Diego Villanueva e José Docal

23/06/2009

Festival guitarreiro no Feal para rematar o curso 2008/09. José Docal e Diego Villanueva tiveron a fantástica iniciativa de montar un concerto de despedida, que en principio era para os seus compañeiros/as de 4º de ESO, pero que ao final tamén foi para a xente de 3º. Como non pode ser doutra maneira, houbo algún problema técnico (o directo é así), pero non hai nada mellor que un concerto feito polo propio alumnado para pechar un curso o unha etapa. Grazas de corazón aos protagonistas, aos invitados especiais, aos colaboradores e a todo o público en xeral. Achegamos tres pequenos vídeos da actuación:

Ademais, tamén tedes fotos adicionais no álbum "Festivais Fin de Curso 2009" da nosa Galería.

Aínda que xa non estudiarán aquí... contamos con Diego e José en 2010!!!

A Feira do Cabalo de Moeche

17/04/2009

O 23 de abril é unha data mítica para gran parte do alumnado do Feal. A responsable é a Feira do Cabalo de Moeche, que sempre fai que algún dos nosos rapaces chegue ao extremo de faltar descaradamente ás clases dese día, con "xustificante" e todo. Nos comentarios de máis abaixo, o noso alumnado trata de explicar por qué a Feira de Moeche levanta tantas paixóns.

Buzón do demo Valentín

Corazón roto

Podes depositar neste buzón a túa mensaxe de decepción para aquela/s persoas que che fixeron sentir mal.

Para manter as mensaxes un pouco ordeadas, lembra que non é o mesmo "Engadir novo comentario" (pinchando antes da primeira mensaxe) que "Responder" a unha mensaxe concreta.

Buzón de San Valentín 2009

Mans acorazonadas

Podes depositar neste buzón a túa mensaxe de amor ou de amistade para aquela/s persoas que conseguen facerte feliz.

Para manter as mensaxes un pouco ordeadas, lembra que non é o mesmo "Engadir novo comentario" (pinchando antes da primeira mensaxe) que "Responder" a unha mensaxe concreta.

Libro de visitas 2009

Aquí quedarán gardadas tódalas mensaxes publicadas no segundo ano do Libro, aínda que hai comentarios de 2009 en moitos outros artigos que abriran esta posibilidade.

EXCLUSIVA!!!

11/12/2008

Desde a Axencia EFE chegounos a foto oficial da nosa nova xornalista. Lémbranos a alguén, que non? Xa nos tarda en chegar a súa primeira colaboración para esta páxina.

Dona Adela traballando

(Foto: Dona Adela traballando)

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido