Calendario de Nadal
15/11/2010
Este ano o tema do calendario para 2011 vai ser: AS AVES. Seleccionamos doce aves, unha para cada mes do ano; e agora ímoslle encargar a cada un dos cursos de Secundaria unha tarefa:
FACER O DEBUXO DAS AVES
- Por favor, limitadevos ao espazo que se vos indica e, para que o debuxo quede máis vistoso, utilizade cores vivas que non sexan fluorescentes (non serven para imprimir).
- É un concurso para o alumnado da ESO, os debuxos seleccionados recibirán premio.
- Data límite de entrega: día 30 de novembro.
Grazas pola vosa colaboración.
Equipo de Dinamización Lingüística.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com