Tarxetas de Nadal
15/11/2010
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convida aos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria a participar na creación artística dunha tarxeta de Nadal.
- Os debuxos serán orixinais e inéditos, en cartolina ou papel, a cores e dun tamaño aproximado de 11 X 15 cm.
- A letra ou slogan tamén ha de ser orixinal.
- Os debuxos serán entregados ao titor ou titora ata o día 30 de novembro como data límite.
Un xurado de alumnos e profesores seleccionará a tarxeta que reúna as mellores condicións para ser editada. Todas as tarxetas presentadoas expoñeranse no taboleiros do centro.
Agardamos polos vosos traballos. Grazas.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com