Saltar navegación.
Inicio

Au revoir, Paris...et à très bientôt!

París 2010
Fai clic para ver o vídeo

Montse Lorenzo, 05/04/2010

Unha expedición de aventureiros do C.P.I. do Feal aterrou o pasado venres, 26 de marzo, no aeroporto de Alvedro ás oito e cuarto da tarde despois dunha estancia de cinco días en París.

Vaia cariñas de fatiga! (xa se sabe, moito pateo, poucas horas de sono, algo de troula nocturna....), o que máis e o que menos pedía papas, pero que carai, chegamos todos moi satisfeitos e moi contentos, porque esta vez todo saíu bastante ben.

O hotel superou as nosas expectativas, o tempo sorprendeunos gratamente, boa temperatura, nada de choiva excepto o xoves...así que, pese as malas predicións meteorolóxicas, Lourenzo tivo a ben alegrarnos a viaxe para que disfrutasemos da cidade da luz.

Visitamos os lugares máis importantes da cidade, disfrutando do seu cosmopolitismo e da súa elegancia. Mesturámonos coas súas xentes, disfrutando en varias ocasións dos espectáculos das rúas... aproveitamos ben a visita para empaparnos un pouquiño do ambiente parisino.

Quero felicitar dende a nosa web aos trece alumnos do noso centro, e aos trinta e oito do I.E.S. As Telleiras que participaron na viaxe, polo seu interese, o  seu bo comportamento e a súa excelente convivencia. Os profesores chegamos realmente satisfeitos por todo, a experiencia foi moi positiva, así da gusto viaxar e, por suposto, estamos animados a seguir organizando esta viaxe cultural conxunta entre os dous centros.

Na nosa Galería, xa hai fotos de Ángel Soto (3º de ESO B), de Marta Fernández (4º de ESO A) e miñas, xunto con un vídeo que fixo Ángel Carrera con estas imaxes e unha canción do grupo francés AIR (que actuará o sábado 19 de xuño en A Coruña).

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com