Saltar navegación.
Inicio

Enquisa sobre as cores do Feal

O Feal amarelo e bermello

O Feal amarelo e marrón

O Feal amarelo e verde

O Feal en marróns

O Feal en verdes

O Feal en azuis

15/10/2008

Xa podes consultar os resultados definitivos da enquisa do café, onde só un 27% dos participantes amosaron estar contentos. Tal vez se poida falar coa nova empresa para axustar mellor a máquina ou os ingredientes, e se non melloran...

E agora seguimos incordiando dende a web do Feal. Nesta ocasión, poñemos sobre a mesa unha das decisións máis polémicas dos últimos anos no noso centro: as cores do Feal. Esperamos que nesta enquisa haxa moita máis participación que na do café, posto que sobre a pintura xa poderían opinar centos de persoas. Para ilustrar este artigo, xa vedes que estivemos xogando un pouco co ordenador, pero a enquisa é sobre as cores actuais.

Seguiremos cavilando para caldear o ambiente do centro, e lembra que o que O Feal vota... VAI A MISA!!

Aclaracións:

  • O noso sistema só permite un voto anónimo dende cada ordenador.
  • De novo podes facer comentarios ademais de votar.

PARTICIPA NA ENQUISA

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com