Saltar navegación.
Inicio

Solicitudes para o comedor escolar

18/06/2024

Dende o mércores 19 de xuño ao luns 1 de xullo, está aberto o prazo para a solicitude do comedor escolar para o vindeiro curso. As solicitudes pódense presentar na secretaría do centro (excepto o venres 21, para evitar aglomeracións con matrículas de alumnado novo no centro), ou a través do correo electrónico (cpi.feal@edu.xunta.gal) nos casos nos que non poidades desprazarvos ao centro.

Este curso, nas instrucións publicadas pola Consellería, hai un cambio no punto 1 das condicións a alegar, quedando redactado:

1. Alumnado usuario habitual do servizo de comedor no curso anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo que foi admitido.

Por usuario habitual, enténdese aquel usuario ou usuaria que fixese uso continuado e repetido en días fixos a totalidade de semanas do curso.

Descargar impreso

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com