Saltar navegación.
Inicio

Premios de Intercentros 2024 para o CPI do Feal

20/05/2024

O CPI do Feal participou o pasado 23 e o 24 de abril na XXXIII edición do Certame Intercentros do Concello de Narón e moito do noso alumnado foi premiado.

Felicitamos ao alumnado de Educación Infantil, ao alumnado de 1º de Primaria e ás alumnas: Sofía Álvarez Pereira, Aloia Casanova Pita e Alba Cordero González de 4º de Primaria A, pola súa interpretación das cancións coas que participaron e gañaron.

A Isabel Fuentes Pita de 1º ESO A polo seu monólogo.

A Carla Hermida Valledor de 2º ESO B, Sofía Martínez Miragaya, Lucía Soto Blanco, Ainara Selamawit Seijido Parra, Zaira Romero Calvo, Andrea Rodríguez Figueroa e Amanda Rodríguez Macías de 2º ESO C pola súa obra de teatro: ” Asasinato no hostal”.

En poesía temos que darlle os parabéns a Lorena de Sousa Díaz, Aroa Montero López, Iván Díaz Funcasta e Nuria Cornide Cisneros de 2º ESO B; a Lucía Pereira Pena de 4º ESO B e Marta Pérez Franco de 4º ESO C.

En narrativa felicitamos a Tania López Pazos de 3º ESO B e Xavier Picos Cribeiro de 4ºESO B.

Dámoslle tamén os parabéns a Alazne Soto Bernal de 3º ESO A polo seu cómic gañador, así como a: Xavi Amado Amado, Martín Fachal Durán, Gabriel Fernández Díaz, Hugo García López, Manuel López Castro, Pavlo Maliarenko, Adriana Martínez Cereijo, Desiré Piñeiro López, Rubén Teijido Iglesias e Sabela Vilasuso Gato, de 3º de ESO B, polo seu traballo audiovisual.

Para todas persoas gañadoras os nosos parabéns!

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com