Desmentido de positivo por COVID no centro
22/09/2020
Estimadas familias:
Dende o mediodía somos coñecedores da publicación de polo menos un medio de comunicación, da aparición dun positivo por COVID no noso centro.
Dende a dirección do centro, queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade, xa que nestes momentos ningún alumno/a de E. Infantil e E. Primaria, que son os que levan xa casi dúas semanas acudindo ao centro, foi positivo por COVID.
O caso ao que se fai mención, pode ser dun alumno/a de ESO, que como sabedes ata mañá non comezan o curso, e loxicamente non acudirá ata que os médicos lle dean a alta.
Dende o centro, se tivésemos algún caso, activariamos o protocolo que está establecido, pero neste caso non estaría xustificado.
Dende a dirección do centro, enviouse un mail a este medio de comunicación, amosando o malestar pola alarma creada inxustificadamente, sen contrastar se alumno/a en cuestión comezara o curso.
Juan Carlos Bedia Vidal.
Director do CPI do Feal.
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com