Saltar navegación.
Inicio

Artigos

Sorte, Gustavo!

Gustavo Faraldo

16/01/2013

Gustavo Faraldo (o fantástico profesional do vídeo que nos axudou a facer realidade o noso lipdub) está nominado para os próximos premios Goya de fotografía e vídeo (diferentes e anteriores aos de cine), no apartado de vídeo social (polo seu traballo "A solas con Betty"). Coñeceremos o gañador o próximo sábado 26 de xaneiro.

Desexámoslle sorte a Gustavo, porque deixou moi bo recordo polo Feal; e oxalá haxa novas colaboracións con el no futuro.

Tres "pelis" diferentes

Marisa Agulló, 12/01/2013

Os que me coñecen saben que me gusta moito o cine, e aproveitando estas pasadas vacacións visionei tres "pelis" de contido completamente diferente, pero que creo que merece a pena ver.

Convidada especial no último concerto de Budiño en Narón

Uxía Muíño con Budiño

Uxía Muíño (a primeira zanfona pola esquerda) acompañando a Budiño

29/11/2012

No concerto do gaiteiro Xosé Manuel Budiño que tivo lugar en Narón o pasado 22 de novembro, houbo unha convidada especial: a nosa alumna de 4º de ESO Uxía Muíño, que subiu ao escenario representando á aula de zanfona do Padroado de Cultura.

Unha semana máis tarde, a nosa alumna foi convidada de novo para tocar no Pazo da Cultura, neste caso convidada polo grupo local de folk "Os cempés". Desexamos que a zanfona lle dea moitas máis satisfaccións á Uxía!

Intocable

 

Marisa Agulló, 13/11/2012

Retomo os meus humildes comentarios sobre o cine, animada -para non perder a costume- polo alma mater dos "maquinetos" no Feal.

Como de momento non vin nada novo que mereza a pena recomendar,  atrévome cunha una peli que vin a primavera pasada e que me pareceu unha valiosa lección sobre a amizade e a fortaleza ante a adversidade.

Trátase de INTOCABLE, de factura francesa, baseada nunha novela de Philippe Pozzo di Borgo, e creo ademais, en feitos reais.

  • Directores: Olivier Nakane e Eric Toledano
  • Actores principais: Francois Cluzet e Omar Sy
  • Año: 2011

Conta con numerosos premios ás súas costas: César, Donosti, Tokyo, Donatello, Premio do cine europeo 2012...

Non quero desentrañar o argumento; merece a pena vela (temos o DVD na Biblioteca de Secundaria) e incluso ler o libro. Máis de 30 millóns de espectadores quedaron cativados pola maxia desta historia, entre eles eu mesma.

Só un adianto da trama, divertida e ao mesmo tempo emotiva e chea de vivacidade e lirismo: dous homes que xamais se coñecerían noutras circunstancias -un aristócrata tetrapléxico e un inmigrante magrebí- chegan a ser aliados inseparables.

Espero que vos guste, xa comentaredes.

Que misto máis falso!

O misto

05/10/2012

Pouco antes de relanzar a nosa web (aproveitando a estrea do lipdub "40 Aniversario"), publicamos un singular vídeo protagonizado polos nosos alumnos (agora en 4º de ESO B) Lucía Fontal e Francisco Mourente. A minimetraxe "O misto" estivo na páxina principal da nosa web durante todo o verán, e agoran chegan... AS TOMAS FALSAS (a continuación da boa). Lucía e Fran: un millón de grazas!

Día da bicicleta en Narón

Día da bicicleta en Narón

Saída do paseo marítimo de Xuvia ás 11:00

Pirámide marciana

Pirámide marciana

20/09/2012

Os primeiros días deste curso, estivemos falando do robot Curiosity nas clases de Tecnoloxía de 3º e 4º de ESO. Moi poucos alumnos/as coñecían a súa aventura polo planeta Marte. Agora, Curiosity sorpréndenos con esta inquietante imaxe dunha roca de 25 cm de altura e forma piramidal. Será obra do vento?, dunha rotura casual?, dunha cristalización?...

Matijevic

Premio Planeta 2010

Eduardo Mendoza

Eduardo Mendoza
Mar González, 22/10/2010

O máis famoso dos Premios Literarios que se conceden no noso país, recaeu este ano no escritor catalán, Eduardo Mendoza. As súas obras marcadas pola intriga e a ironía, sempre teñen boa acollida entre os lectores. Sin noticias de Gurb, El misterio de la cripta embrujada o La verdad sobre el caso Savolta son habituais lecturas entre os alumnos de Secundaria e Bacharelato. A obra pola que gaña o Planeta 2010 titúlase Riña de gatos. Madrid, 1936. Trátase dunha novela de espionaxe e aventuras, ambientada en Madrid nos días previos ao inicio da Guerra Civil.

Finalista deste recoñecido galardón temos á periodista valenciana Carmen Amoraga, coa obra El tiempo mientras tanto que narra o cambio que sofre a fría relación existente entre unha nai e unha filla cando ésta entra en coma. Ao longo da novela van entrando variadas personaxes que ofrecen unha mostra da súa historia e crean unha novela coral.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com