Saltar navegación

Exemplos de RA

Neste multimedia podemos ver os usos da RA coa aplicación Aurasma:

Neste exemplo podedes ver unha actividade desenvolta nunha Escola Infantil con grupos mixtos de 3, 4, e 5 anos no contexto do estudo de diferentes artistas. O alumnado inspirouse nunha obra de arte, tamaño mural. O alumnado de 5 anos encargouse de fotografiar diferentes momentos da actividade. A segunda parte da actividade montada con Aurasma, deseñámola para visionar e compartir coa familia, ensinarlles o produto final e comentar os contidos aprendidos: O autor da obra, o título da obra,como a fixemos, cantas cores usamos, como nos organizamos, como nos sentimos, se nos gustou... A escola facilitou a tablet para aquelas familias que non puidesen descargar o programa.

       

                                                                                                                      O xardín das marabillas (CC BY)

Un exemplo coa app Quiver.

       

Descobrindo quiver (CC BY)